Deputación de Lugo

A Deputación súmase ós actos de condena da violencia de xénero

O Presidente, que participou na concentración de Lugo, expresou a “súa máis rotunda e absoluta condena” ó último asasinato machista e trasladou “o máis sentido pésame ós familiares”

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou este mércores na concentración en condena da violencia de xénero organizada diante do Concello de Lugo tras o asasinato de María Luísa Jiménez, residente na capital luguesa.

Gómez Besteiro expresou a “súa máis rotunda e absoluta condena” a este novo asasinato machista” e trasladou “o máis sentido pésame ós familiares” da vítima.

O titular provincial defendeu que a loita contra a violencia de xénero debe ser unha “prioridade” para os poderes públicos, que ten que ir acompañada de medios económicos e dunha lexislación forte, que protexa os dereitos e libertades.