Deputación de Lugo

A Deputación amplía a súa colaboración coa MOEXMU no seu 30 aniversario

A Vicepresidenta Segunda confirmou ós organizadores que contarán cunha achega económica, 4 reses da Granxa Gayoso Castro para a poxa e a colaboración do CentradA Fundación TIC cubrirá coas súas cámaras o evento e realizará numeroso material audiovisual para a súa difusión en redes sociais e medios de comunicaciónCon esta colaboración, o organismo provincial apoia á gandería, sector estratéxico para a economía da provincia que xera emprego e evita o despoboamento do rural lucense

A Deputación amplía a súa colaboración coa organización da Mostra Exposición de Muimenta (MOEXMU) que se celebrará os días 4, 5 e 6 de abril no recinto Feiral Manuel Vila López. Así llo confirmou a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, ós organizadores da cita, que contarán para a 30ª edición deste evento, con actividades de artesanía en colaboración co Centrad e con promoción audiovisual por parte da Fundación TIC. Estas colaboracións súmanse á achega económica habitual e cesión de novillas da Granxa Gayoso Castro. O organismo provincial apoia así á gandería como sector estratéxico para a economía da provincia, capaz de xerar postos de traballo e loitar contra o despoboamento rural.

A institución luguesa colabora coa Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Muimenta que recibirán este ano unha nova achega de 3.000 euros para a organización deste evento e 4 exemplares do rabaño de elite da Granxa Gayoso Castro para a Subasta de Gando Selecto. A Deputación cede unhas novillas de raza frisona preñadas de excelente calidade xenética, coas que o ano pasado a comisión recadou preto de 6.000 euros.

Artesanía e audiovisual

O Centro de Artesanía e Deseño da Deputación facilitará, para completar as actividades da cita, unha exposición de cestería procedente dos fondos propios con diferentes elaboracións en vimbio. Os visitantes á MOEXMU poderán tamén ver traballar en directo a dous artesáns que ofrecerán demostracións en vivo sobre forxa e cestería. A Deputación amplía a súa colaboración a través da Fundación TIC, que un ano máis cubrirá coas súas cámaras as diferentes actividades programadas, para elaborar posteriormente material audiovisual co que difundir o evento a través das redes sociais e medios de comunicación.

Importante cita para o sector

A MOEXMU reúne cada ano a máis de 12.000 persoas que se achegan ata Muimenta para desfrutar das actividades organizadas. Este ano celebrarase a 28ª edición do Concurso de Gando Frisón, único da provincia, no que participarán 141 animais de ganderías de toda Galicia, e a 16ª Poxa de Gando Selecto. A cita complétase con 20.000 m2 de expositores de venta de artesanía, maquinaria, alimentación e todo tipo de produtos relacionados co sector agrogandeiro. A feira consolidouse como unha das máis importantes citas galegas, non só polo volume de negocio, que en anos anteriores superou ós 300.000 euros, senón tamén polos contactos entre vendedores e compradores que se materializan en ventas posteriores. O sector gandeiro goza dunha grande importancia na Comarca da Terra Chá onde hai censadas 3.800 explotacións, o 25% de todas as da provincia de Lugo.