Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo, en contra da suba nun 34% do canon de Sogama

O Presidente e Deputados Provinciais secundaron este martes a concentración en protesta polo maior aumento na historia na xestión do lixo que, sen consenso, impuxo a XuntaMalia a negativa de todos os Deputados do PP, o Pleno Provincial aprobou a moción de Besteiro para esixir a Feijóo diálogo cos Concellos e abaratar o tratamento dos residuos

A Deputación de Lugo reitera o seu rexeitamento á suba nun 34% do canon de Sogama. O Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, xunto ós Deputados Manuel Martínez, José Fernández, José Luis Raposo, Miguel Ángel Sotuela e Pilar García Porto, participou na concentración de hoxe fronte ó Parlamento en contra do maior aumento na historia na xestión do lixo que, sen consenso, impuxo a Xunta.

O organismo provincial xa ten manifestado a súa contra a esta medida. A instancias de Gómez Besteiro, o grupo provincial socialista levou ó pasado Pleno unha moción para expresar o seu rexeitamento á suba deste canon “por ter, exclusivamente, un carácter recadatorio” e esixir a Feijóo “que inicie un diálogo cos representantes dos Concellos galegos que permita obter unha solución consensuada sobre o prezo do tratamento de residuos”, “a inmediata retirada da suba do canon de SOGAMA, así como “explorar outras vías propostas no Plan Económico-Financeiro, que abaraten a xestión e tratamento dos residuos”.

Esta moción saíu adiante co apoio dos Deputados do PSOE e BNG, pese a oposición de todos os representantes do Partido Popular.