Deputación de Lugo

A Deputación ofrece a 300 autónomos e PEMES lucenses asesoramento gratuíto e especializado para mellorar a súa competitividade

Imaxe deputación de lugo
Aberto o prazo de solicitude do Proxecto de Dinamización de Tecido Empresarial. As inscricións poden facerse dende hoxe e durante 15 días naturais en www.deputacionlugo.orgEste innovador programa coa EOI inclúe unha diagnose das necesidades e oportunidades dos negocios, a elaboración dun plan de mellora e asesoramento técnico continuadoUn equipo de profesionais determinarán novas áreas xeográficas e canles de venda, métodos de captación de clientes, melloras informáticas ou estratexias de márketing dixital

A Deputación abre este mércores o prazo de solicitude dun innovador programa na provincia totalmente gratuíto en impulso de 300 autónomos e microempresas lucenses. É unha iniciativa conxunta coa Escola de Organización Industrial, que inclúe unha diagnose das necesidades e oportunidades dos negocios, a elaboración dun plan de mellora e asesoramento técnico. Os interesados poden inscribirse dende hoxe e durante 15 días naturais en www.deputacionlugo.org. Máis información na web ou no 982-26-00-08.

O Proxecto de Dinamización de Tecido Empresarial ten como obxectivo mellorar a competitividade de micropemes e autónomos da provincia. Os beneficiados poderán escoller entre os seguintes tipos de asesoramento individualizado por parte dun equipo especializado de profesionais:

- Asesoramento en implantación de novas tecnoloxías: determinarán accións de mellora e proporanse solucións software de negocio. Por exemplo, implantación de infraestruturas de TIC básica ou avanzada; ferramentas de produtividade, facturación, contabilidade, ERP, CRM, Certificado dixital; cursos de formación no ámbito TIC, xestión de fluxos de clientes...

- Asesoramento en xestión comercial: determinaranse novas liñas de actuación na xestión de mercados e clientes. Por exemplo, novas áreas xeográficas e canles de venda, métodos de captación e fidelización de clientes, medios e ferramentas de promoción on-line...

Ambos os dous tipos de asesoramento inclúen accións de mellora encamiñadas a impulsar a estratexia de márketing dixital. Para elo, farase unha completa avaliación das páxinas web (deseño, usabilidade, navegalidade...); do posicionamento nas redes sociais, da reputación online, dos beneficios dun blog, da xeolocalización nas principais plataformas...

Este plan busca aportar ás microempresas e autónomos, entre outros, os seguintes beneficios: impulsar a distribución dos seus produtos; acceder a novas mercados nacionais e internacionais; incrementar e fidelizar os clientes; mellorar os negocios a través da percepción dos propios usuarios, o posicionamento dos produtos no mercado, a eficiencia da súa organización con solucións informáticas innovadoras...