Deputación de Lugo

A Deputación mellorará a seguridade vial no contorno do campo de fútbol da Marosa con 15.000 euros

Lara Méndez avanzou que a institución situará 350 metros de biondas e mellorará o sistema de drenaxe na CP-1510, “de San Ciprián a Burela por A Marosa”O organismo provincial atende, deste xeito, as demandas de colectivos veciñais e usuarios desta vía, moi transitada, posto que une os municipios de Cervo e Burela

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez López, deu conta este martes das melloras que o organismo provincial levará a cabo na CP-1510, “de San Ciprián a Burela por A Marosa”, co obxectivo de incrementar a seguridade no contorno do campo de fútbol da Marosa.

Méndez López adiantou que a institución investirá 15.000 euros no acondicionamento desta estrada, colocando 350 metros de biondas e mellorando o sistema de drenaxe para evitar posibles acumulacións de auga na calzada.

A Deputación atende, deste xeito, as peticións de varios colectivos veciñais e usuarios desta vía, que veñen demandando estas actuacións. Hai que ter en conta que a zona da CP-1510 onde actuará a institución atópase a carón do campo de fútbol da Marosa, mellorado pola Deputación, que disfrutan a cotío centos de rapaces e nenos. Ademais, esta estrada rexistra un gran número de usuarios, posto que comunica os municipios de Cervo e Burela, e leva ó polígono de Cuíña.