Deputación de Lugo

A Deputación inicia a contratación do equipamento para as 13 naves do Centro de Recría, con 310.000 euros

Avanzan as derradeiras obras do 1º centro público en España de recría de gando vacún na granxa Gayoso Castro. A institución última agora o formigonado das naves para logo equipalas A institución reforza con fondos europeos o servizo tecnolóxico gratuíto a Concellos, entidades luguesas e cidadáns, tendo en conta as máis de 1.000 consultas que atende ó ano

A Deputación avanza na construción do 1º centro público en España de recría de gando vacún na granxa Gayoso Castro. A Xunta de Goberno deste venres aprobou iniciar a contratación do equipamento das 13 naves de recría, achegando para elo 310.000 euros. Este orzamento forma parte dos 6 millóns de euros que o organismo provincial inviste en solitario na derradeira e segunda fase destas obras.

Nas instalacións chairegas, o organismo provincial está a ultimar na actualidade os traballos de formigonado das naves. Unha vez rematadas estas actuacións, iniciarase a instalación deste equipamento (14 arrobadeiras, 2.110 metros de cornadizas automáticas..). Posteriormente, proseguirase coa instalación eléctrica, coa construción de 16 silos de penso e pesebres exteriores, así como coa da depuradora capaz de xestionar o 100% dos residuos, transformándoos en enerxía. O centro estará listo no 2015, triplicando a capacidade de recría existente en Galicia ó ofrecer 3.000 novas prazas e reactivando a economía.

Reforzo do servizo tecnolóxico

A Deputación reforza o servizo tecnolóxico gratuíto que ofrece a Concellos dende o Centro de Atención ó Usuario (CAU), tendo en conta as máis de 1.000 consultas que atende ó ano dos municipios. A Xunta de Goberno acordou iniciar a contratación desta prestación, achegando para elo 550.000 euros de fondos europeos do Innova-TE. Dende o CAU, a institución presta asesoramento e resolver dúbidas sobre o funcionamento da administración electrónica, factura electrónica, Internet...O éxito desta iniciativa é tal, que cidadáns en xeral e entidades luguesas tamén fan as súas propias consultas.

A sesión tamén acordou as contas xustificativas de 16 obras de mellora en dotacións públicas municipais, financiadas na súa totalidade pola Deputación con 116.400 euros do Plan de Comunidades Veciñais. Os Concellos beneficiados destas actuacións son: Begonte, Castro de Rei, O Corgo, A Fonsagrada, O Incio, Lourenzá, Navia de Suarna, O Páramo, A Pastoriza, A Pontenova, Rábade e Ribadeo.

“O PP non quere transparencia”

O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, fixo referencia ás declaracións do Partido Popular sobre o proceso de contratación do servizo de vixilancia da Deputación, e salientou que “as críticas sen ningún tipo de fundamento que fixo a señor Candia están cheas de incongruencias, mostra da súa total ignorancia sobre o funcionamento da administración”. Martínez explicou que, tal e como a Deputación xa informou o pasado vernes logo da Xunta de Goberno, a institución aprobou unha rectificación no prego de contratación do servizo de vixilancia para “evitar posibles confusións ou fraudes, garantir o concurrencia de todas as empresas interesadas, así como os empregos dos traballadores que actualmente prestan servizo. É un exercicio de transparencia. Non PP non quere transparencia”.