Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo lamenta a morte de Aldolfo Suárez e suspende a axenda de actos para este luns

Imaxe deputación de lugo

A Deputación de Lugo lamenta o falecemento de Adolfo Súarez, expresidente do Goberno de España que fixo posible a transición da ditadura á democracia, e transmite o pésame ós seus familiares e amigos.

O organismo provincial suspende a axenda de actos para este luns, 24 de marzo, que será día de loito oficial no país debido á morte do que foi o primeiro presidente da democracia española.

A institución luguesa resalta a figura de Adolfo Suárez, que foi capaz de rachar coas ataduras do franquismo para abrir as portas á democracia en España.