Deputación de Lugo

Esgotadas as entradas para a Gala Lvcvs Moda 2014

Imaxe deputación de lugo
- Máis de 400 asistentes e profesionais medios de comunicación presenciarán a cita anual do deseño e da moda lucense. O vídeo realizado polos alumnos da Escola de Imaxe e Son, todas as imaxes e os mellores momentos da Gala estarán dispoñibles na web www.deputacionlugo.org a partires do xoves - Os asistentes poderán apoiar á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade asinando nos libros oficiais da Unesco que estarán a disposición de todos no propio MIHL a partires das 20:30 horas, momento da apertura de portas

Un ano máis, os lucenses amosaron o seu interese polo deseño e a moda lucense, esgotando en apenas dous días a totalidade das entradas dispoñibles para asistir mañá, a partires das 21:00 horas, á Gala Lvcvs Moda 2014. Deste xeito, máis de 400 persoas, entre asistentes e profesionais dos medios de comunicación que informarán puntualmente do evento poderán presenciar en directo este evento benéfico, cuxa recadación íntegra destinarase ó Fogar do Transeúnte de Lugo.

7 deseñadores, 18 firmas de artesanía e 14 peluquerías darán a coñecer as súas propostas máis novidosas ó público asistente á cita, que se ten revelado como un revulsivo económico de primeira magnitude para o sector da creatividade lucense. Nesta quinta edición da Gala, presentada por Isabel Blanco, popular actriz de televisión e cine e gañadora de dous Premios Mestre Mateo á mellor intérprete feminina, estes creadores amosarán traballos inspirados na Ribeira Sacra, xa que este ano o evento tamén está organizado en apoio á súa candidatura a Patrimonio da Humanidade.

De feito, os asistentes poderán deixar testemuña do seu apoio asinando nalgún dos libros oficiais que estarán dispoñibles na entrada do Museo Interactivo da Historia de Lugo.

Apertura do recinto ás 20:30 horas
A partires das 20:30 horas, momento no que se abrirán as portas para acceder ó recinto, todos os que o desexen poderán ter un recordo da noite en forma de fotografía. Un photocall quedará instalado dentro do recinto para recibir ós asistentes, que terán todas as imaxes á súa disposición na web www.deputacionlugo.org a partires do xoves. Igualmente, poderán ver de novo o evento grazas ó traballo dos alumnos da Fundación TIC, que recollerán coas súas cámaras todo o que aconteza, tanto na pasarela e fóra dela, para elaborar un vídeo que tamén estará dispoñible na citada web. Este será un escaparate perfecto para promocionar a moda e o deseño feito na provincia, xa que tamén será emitido por diferentes canles de televisión en datas vindeiras.

Máis de 100 profesionais
7 deseñadores, algúns dos cales participan por primeira vez: Inpe-Abrigo Verde-SCQ; Luis Areñas para Manuela López; Manuel Bolaño; María Tacón, Mariola Lulú; Montse Arias e Tina Cortón. As 18 firmas de artesanía de toda a provincia que estarán presentes, e algunhas das cales tamén se estrean na pasarela, son Azaia; Beatriz Valín; Carmen López; Cecilia Carballo; Cesteríaviva; Corazóns Artesáns; Entretecido; Idoia Cuesta; Jara Rodríguez; M&N; Obradoiro; Obradoiro en lá; Paula Dimé; Ramón Álvarez; Rappa Taller; Sra. María; Vidal Revilla e Yanllan, que presentarán os seus traballos de xoiería, cestaría, téxtil, coiro e outros complementos. Tamén os asistentes poderán asistir ó espectáculo que ofrecerán as 14 peluquerías presentes: os veteráns Attelier; Eduardo Souto; Miriam Souto e Mohama; e os debutantes na Lvcvs Moda Avalon; O Baúl da Beleza; Marta Campo; Meyva e Vanessa Martínez Estilistas. Todos eles amosarán espectaculares traballos de maquillaxe e peiteados.

Ata 25 firmas colaboradoras: Adamascada Personal Shopper, Begano (Coca Cola); Cátering Central II; Deportes Marathon; Dick&Paul; Estrella Galicia; Estudios Abrigueiro; Hasta en un iglú; Hotel Méndez Núñez; IES Muralla Romana; M&N para Joyería Senén; Kubika; La pastelería del abuelo; La postrería de Noe; Lolita Blu; Messalina; Modesto SantaEularia; Porta Castelli; Ramón Rebolo; Restaurante España; Romago Spain; Secretos de Galicia; Torques; Zapatería Cuplé e Zapatería Zhoe, prestarán o seu apoio ó evento, no que tamén participarán numerosos profesionais que co seu traballo conseguirán que, con toda seguridade, a Gala Lvcvs Moda sexa novamente un éxito.