Deputación de Lugo

A Deputación despexa vías con 20 centímetros de neve na Montaña e Sur lugués

O organismo provincial distribuíu en 13 Concellos 60 operarios e 30 máquinas

O dispositivo por neve da Deputación actúa na Montaña e Zona Sur. 60 operarios e 30 máquinas despexan vías provinciais dos seguintes 13 Concellos: Becerreá, A Fonsagrada, O Incio, As Nogais, Folgoso do Courel, Pedrafita do Cebreiro, Ribas de Sil, Quiroga, Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Baleira e Samos.

As estradas con acumulacións de neve de ata 20 céntimos que despexa agora o operativo da institución son: en Cervantes, 1401, 1405, 1409, 1411, 1412 e 4505; na Fonsagrada, 0708, 1901, 1903, 1906, 3601 e 4606; en Folgoso do Courel, 1301, 1306, 1304; no Incio, 1306 e 2502; e en Pedrafita do Cebreiro, 1301, 4504 e 4501.