Deputación de Lugo

A Deputación amosou a 160 maiores da provincia os beneficios das novas tecnoloxías nos cursos do InLugo

Imaxe deputación de lugo
A Fundación Tic organizou 9 cursos e 5 obradoiros co obxetivo de mellorar a calidade de vida e promocionar a autonomía persoal dos usuarios de máis idade de toda a provinciaCon estes xa son máis de 300 os maiores lucenses que aprenderon a sacar partido ás novas tecnoloxías para simplificar tarefas cotiás e aumentar as posibilidades de ocio activo

A Deputación de Lugo vén de pechar unha nova convocatoria de 25 accións formativas gratuítas sobre novas tecnoloxías para maiores, que se desenvolveu durante o primeiro trimestre do ano no Centro de Innovación Social InLugo, e que ofreceron un total de 142 de formación. Estes cursos contaron cun 80% de financiación europea e foron organizados pola Fundación TIC, encargada da promoción de actividades dirixidas ó fomento da educación, a investigación e o desenvolvemento das novas tecnoloxías entre os lucenses de todas as idades. Neste caso, serviron para promocionar a autonomía persoal dos maiores da provincia e previr o deterioro cognitivo

A Deputación de Lugo mantén deste xeito o seu compromiso de fomentar a educación, a investigación e o desenvolvemento das novas tecnoloxías entre os lucenses de tódalas idades mellorando, neste caso particular, as capacidades persoais dos maiores e fomentando a colaboración ente avós e netos, “contribuíndo á comunicación e ó intercambio de ideas como mecanismos para mellorar a calidade de vida e corrixir as posibles desigualdades sociais”, tal e como afirmou o Deputado de Economía do Coñecemento, Alfredo Llano, o día da súa presentación.

A oferta formativa foi de 9 cursos e 5 obradoiros. Algúns deles xa foran ofertados en pasadas edicións, pero debido á súa boa acollida volvéronse convocar. Os cursos e obradoiros celebrados foron: Manéxate coas novas tecnoloxías: coñece o teu ordenador; Manéxate coas novas tecnoloxías: coñece a túa tablet; Mantemos en forma o cerebro (Memoria, atención e outras capacidades: estimulación cognitiva coa videoconsola Wii); Atréveste con Internet? Axudámosche (Aprender a usalo ordenador e navegar por Internet); Organízate co teu móbil (Nivel I de uso do móbil/smartphone); Ximnasia mental coa Tablet (memoria, atención e outras capacidades: estimulación cognitiva con tablet e/ou smartphone); Que son as redes sociais: descubre Facebook e Twitter (crea o teu propio perfil nas redes sociais); O carteiro en Internet: que é o correo electrónico? (Enviar e recibir correos por Internet); Xogamos co corpo (Actividade física para maiores: estimulación funcional e motriz coa videoconsola Wii); Avanza e coñece o que podes facer co teu Smartphone (Nivel II de uso do móbil/smartphone); Xogamos coa mente (Memoria, atención e outras capacidades: estimulación cognitiva co ordenador persoal); O inglés e as tecnoloxías, queres aprender? (Inglés básico coa axuda de actividades interactivas en Internet); Aprende, comparte e retoca as túas fotografías (Conceptos básicos de fotografía dixital); Movémoonos e xogamos (Actividade física para maiores: estimulación funcional e motriz con Kinect e videoconsola Xbox).

Cos participantes nestas accións formativas xa son máis de 300 os participantes nestes cursos, que coinciden en destacar o carácter práctico dos cursos, que lles permitiron incorporar á súa rutina cotiá moitas das cousas aprendidas nos mesmos, como empregar o correo electrónico, solicitar cita para o médico por internet ou realizar videochamadas para manterse en contacto con amigos e familiares.