Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo colabora coa segunda edición da exposición Vestimenta Lucus Augusti

Imaxe deputación de lugo
Regina Polín participou hoxe na inauguración da mostra organizada pola Asociación de Comerciantes Lugo Monumental que deu a coñecer entre os asistentes as tendencias en moda e complementos para lucir durante esta celebraciónO Centro de Artesanía e Deseño prestou a súa colaboración para a promoción desta cita lúdica achegando a tres artesáns que realizaron demostracións en vivo na Praza do Campo

A Deputada de Artesanía e Deseño, Regina Polín, inaugurou hoxe a exposición organizada pola Asociación Lugo Monumental, que agrupa a comercios e negocios do casco histórico da capital lucense e que leva por título Vestimenta Lucus Augusti. Esta pasarela de moda romana tivo como escenario o Salón Rexio do Círculo das Artes e trata de dar a coñecer as tendencias da moda e complementos para a elección da caracterización da festa de Arde Lucus, declarada de Interese Turístico Galego.

Tal e como destacaron os seus organizadores, non se trata dun mercado de venta directa senón dun escaparate onde os interesados poderán ver as propostas de cada un dos expositores, e mesmo encargar os seus artigos dándolles un toque persoal. Deste xeito, pretenden cubrir as demandas de dos lucenses, a dous meses para a celebración do Arde Lucus, importante revulsivo económico para a cidade ó atraer en cada edición a milleiros de visitantes, número que se incrementa ano tras ano.

A Deputación, como mostra da aposta polo comercio local, decidiu colaborar novamente con esta pasarela, achegando a tres artesáns que realizaron demostracións en vivo ante a mirada dos lucences na Praza do Campo. A colaboración da institución luguesa coa festa do Arde Lucus vén de hai anos, xa que esta cita atrae ó maior número de visitantes a Lugo, sendo só superada polo San Froilán, cun millón de persoas, acadando o 100% da ocupación hoteleira e xerando un volume de negocio de 10 millóns de euros.