O Centro de Interpretación Terras do Miño presenta as novas actividades gratuítas que se ofertan para o 2º trimestre
![](/sites/deputacionlugo.org/files/Imagenes/0_9762_1.jpg)
O Centro de Interpretación Terras do Miño vén de facer público o calendario de actividades programadas para os vindeiros meses que, como é habitual, é gratuíto e pensado para participantes de todas as idades, co fin de que coñezan a riqueza da biodiversidade da provincia e as oportunidades que esta pode ofrecer ós lucenses.
Esta programación dá continuidade á liña iniciada en anteriores convocatorias, nas que actividades como as saídas ó campo espertaron un grande interese entre o público, logrando acadar a participación de máis de 1.700 persoas durante o ano pasado, e máis de 230 nos tres primeiros meses do 2014.
O calendario das actividades programadas é o seguinte:
Conferencias:
-O día 10 de abril, ás 19:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, terá lugar a conferencia A viaxe polar: Ártico e Antártida, destinada a 40 persoas de todas as idades.
-O 25 de abril, ás 19:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, Micoloxía e Medio Ambiente, tamén para todos os públicos e con 40 prazas dispoñibles
-O 15 de maio, ás 19:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, celebrarase unha conferencia sobre a Fauna representativa no Rato, pensada para todos os públicos.
-O 12 de xuño, ás 19:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, Caracterización do voo forestal no Parque do río Rato, á que poderán asistir 40 persoas de todas as idades.
Actividades para adultos:
-Os días 10, 11, 24 e 25 de maio, entre as 11:00 e 14:00 e 16:00 e as19:00 horas os sábados, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, celebrarase un curso de fotografía.
-O 31 de maio e o 7 de xuño, entre as 10:00 e 14:00 horas e 16:30 e 18:30 horas, nas instalacións do Centro celebrarase un obradoiro de Elaboración de conservas artesanais, no que poderán participar 20 persoas.
Actividades para toda a familia:
- O 26 de abril, entre as 10:00 e as 14:00 horas, haberá unha charla sobre Micoloxía e medio ambiente no Centro de Interpretación Terras do Miño.
- O día 21 de xuño, de 10:00 a 19:00 horas, terá lugar o o II Encontro de cociña solar, no Centro de Interpretación Terras do Miño.
Actividades infantís:
- O día 24 de xuño, entre as 11:30 e as 13:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, levarase a cabo o obradoiro Pequeno chef ecolóxico.
- O 26 de xuño, entre as 11:30 e 13:30 horas, outro obradoiro As moitas vidas do papel, no Centro de Interpretación Terras do Miño.
- O 1 de xullo, entre as 11:30 e 13:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, celebrarase a activdade O rei da floresta, contos, música e máis.
- O 3 de xullo, entre as 11:30 e as 13:30 horas levarase a cabo a actividade Constrúe o teu pobo, no Centro de Interpretación Terras do Miño.
Para obter máis información e inscribirse nas actividades, os interesados poden facelo na web www.deputacionlugo.org ou poñéndose en contacto coa Área de Medio Ambiente no 982 -227-812.