Deputación de Lugo

A Deputación impulsa a III Foliada de Seoane para poñer en valor tradición e cultura e dinamizar a economía de Antas

Imaxe deputación de lugo
A Deputación de Lugo colaborou un ano máis coa asociación Fiadeira de Antas de Ulla na organización da Foliada de Seoane, que celebra este domingo a súa terceira edición. “De novo, sumamos esforzos para facer posible este festexo, que pon en valor a nosa tradición, con música, teatro... pero coa que tamén dinamizamos a economía local, pois en vilas pequenas coma Antas, na que non hai demasiados eventos, todo o que sexa atraer público é moi positivo para a actividade económica da localidade”, subliñou a Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, quen participou hoxe na cita festiva.