Deputación de Lugo

Os traballadores da Deputación celebran este venres a festividade de Santa Rita

Imaxe deputación de lugo
- A Deputación traslada a celebración ó venres, cando todas as dependencias provinciais permanecerán pechadas ó público, agás o Rexistro, aberto de 10:00 a 14:00 horas - Os actos programados inclúen a tradicional cea do día 22, na que cada comensal costeará integramente o seu menú, e durante a que se homenaxeará ós compañeiros falecidos e, en especial, a Melchor Roel

Os traballadores da Deputación de Lugo celebran o vindeiro día 22 a festividade de Santa Rita, patroa da Administración local. Todos os centros dependentes da Deputación, agás o Rexistro  permanecerán pechados o venres, 23 de maio. O Rexistro permanecerá aberto en horario de 10:00 a 14:00 horas.


O que si se mantén para o día 22 de maio as tradicionais actividades de confraternización organizadas pola Xunta de Persoal e o Comité de Empresa. Estas darán comezo o xoves a partires das 19:30 horas e rematarán coa habitual cea, na que cada comensal se fará cargo do importe íntegro do seu menú, e na que serán homenaxeados os traballadores xubilados. Este ano haberá, ademais, unha lembranza especial para o falecido Melchor Roel.