Deputación de Lugo

A Deputación mantén pechada temporalmente ao tráfico a estrada CP-6103 de Trabada por inundacións e desprendementos

Imaxe deputación de lugo
As intensas choivas caídas na Mariña afectan a outras 16 estradas en sete Concellos, nas que se recomenda circular con precaución. O operativo do organismo provincial está a traballar para recuperar a normalidade no tráfico, previsiblemente, esta mesma tarde

As intensas choivas caídas durante a pasada noite e esta mesma mañá, obrigaron a pechar temporalmente a circulación da estrada provincial CP-6103, no Concello de Trabada. Nestes momentos, o dispositivo activado pola Deputación está a traballar para recuperar á normalidade do tráfico o antes posible.

Outras 16 estradas provinciais na Comarca da Mariña están afectadas pola adversa climatoloxía e, áinda que nestes casos non foi necesario pechalas, nelas se circula con dificultade. Son as seguintes:

  • A CP-6401, no Vicedo, pola presenza de árbores arrastradas pola choiva.
  • A CP-3105 e a CP-3106, no Concello de Mondoñedo, por arrastres e desprendementos de materiais.
  • A CP-5501, no Concello de Riotorto, por deprendemento de rochas de gran tamaño.
  • A CP-2610 e a CP-6412, no Concello de Viveiro, por inundacións.
  • As estradas provinciais 0601, 0602, 0604 e 0611, no Concello de Barreiros, por inundacións e arrastre de materiais.
  • As estradas provinciais 3401, 3406 e 6602, no Concello de Muras, por arrastre de materiais e árbores caídas.
  • As estradas provinciais 2007, 2010 e 2011, no Concello de Foz, por inundacións e árbores caídas.

A Deputación recomenda precaución aos usuarios e informa de que, previsiblemente, a normalidade no tráfico quede restablecida esta mesma tarde.