Deputación de Lugo

Lara Méndez visita a Pontenova para levar o programa Memoria Dixital Tic-Tac

- Lara Méndez visitou este venres a residencia de maiores da Pontenova esta iniciativa coa que se creará un banco de recordos audiovisuais dos maiores da provincia -Memoria Dixital consta de 9 obradoiros nos que os propios maiores gravarán cunha tablet as súas historias e recordos, que se publicarán nunha web creada para a ocasión - O programa está destinado aos maiores de todos os Concellos da provincia, agás o de Lugo capital, que poden apuntarse no número de teléfono 982 254 666

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, visitou este venres o centro de maiores de A Pontenova para levar o programa Memoria Dixital Tic-Tac, programa da Fundación Tic, co que se creará un rexistro audiovisual de parte da historia da provincia a través dos testemuños das persoas que participen nesta iniciativa. A Vicepresidenta destacou que “poremos en marcha este banco de recordos para gardar as vivencias dos noso maiores en internet. Todo o material obtido publicaranse nunha páxina web especialmente deseñada para esta ocasión, o que permitirá que todas as persoas que así o desexen accedan ás historias e recordos dunha xeración que ten moito que contar”

Lara Méndez, “serán os propios maiores os que graven cunha tablet pequenos vídeos onde poderán contar como foi a súa nenez, a súa vida no rural ou as festas de hai anos, entre outros”. Deste xeito, cúmprese un dobre obxectivo: por unha banda, facer un rexistro individual da memoria a través de pequenos relatos e anécdotas e, por outra, introducir a este colectivo no mundo das novas tecnoloxías, facilitándolles o acceso directo a unha tablet  para que aprendan a manexala nos seus aspectos máis básicos.

Memoria Dixital Tic-Tac consta de 9 talleres, que se desenvolverán ata o 28 de febreiro en todas as comarcas da provincia. Está aberto a asociacións e centros de maiores e aos veciños de todos os Concellos da provincia, agás os de Lugo capital, que desexen participar. Os interesados poden apuntarse chamando o número de teléfono 982 254 666. O segundo taller desenvolverase mañá na Casa da Cultura de Portomarín cos membros da asociación de xubilados deste municipio.

Este programa, xunto a outros como Sempre en Activo ou Nutretic, está incluído na actuación Promoción da autonomía persoal dos maiores da provincia, que xestiona a Fundación TIC a través do Centro de Innovación Social InLugo no marco Innova-TE2, financiado nun 80% con Fondos Europeos.