Deputación de Lugo

Arrincan os traballos de demolición da casa abandonada do Rato

- A Deputación iniciou hoxe o derrubo, que acomete con medios propios, e que eliminará o edificio ruinoso para dotar á capital lucense de máis zonas verdes - Os traballos, cun orzamento de 100.000 euros, rematarán, previsiblemente, a finais desta mesma semana

A Deputación de Lugo iniciou hoxe os traballos de demolición da casa abandonada do río Rato, para proceder á creación de novos espazos verdes na zona, tal e como avanzaron, o pasado 27 de marzo, a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e o Alcalde de Lugo, José López Orozco. Estes traballos, que as condicións do edificio facían inaplazable, contan cunha partida de 100.000 euros procedentes de fondos propios da Deputación.

O organismo provincial substituirá o inmoble situado no lucense barrio da Chanca, en ruínas a causa dun incendio, por un espazo axardinado de uso público. As tarefas comezaron hoxe coa demolición do inmoble, unha vez quedou retirado o cableado da vella instalación eléctrica, e rematarán, previsiblemente, a finais desta mesma semana.

A eliminación deste edificio, inaplazable por mor das condicións actuais que este presentaba, enmárcanse nunha liña de actuación, acometida de xeito conxunto polo organismo provincial e o Concello, encamiñada á mellora da contorna dos ríos Rato e Fervedoira, parte do cinto verde da capital lucense.

Logo de que a Deputación adquirira a edificación de tres plantas, e previa a preceptiva orde de derribo do Concello, os traballos que hoxe comezaron darán coma resultado unha maior amplitude de espazos na zona do paseo do río, ao tempo que os lucenses contarán con un espazo de uso público máis.