Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN DE LUGO ESTUDA O PECHE DA UNIDADE DE LEITE DA GRANXA GAYOSO CASTRO

Imaxe deputación de lugo
O goberno provincial está a manter reunións co sector gandeiro e consideraque esta decisión beneficiaría aos produtores lucenses no contexto que se estáa dar de sobreprodución de leite A presidenta e o deputado de Medio Rural consideran que é “moi necesario” evitar que dende a administración pública se estea a competir deslealmente cos gandeiros na produción de leiteExplican a maiores que a mala xestión do anterior goberno deriva en que a unidade de leite non sexa rendible economicamente ao desaproveitar os terreos e ser necesaria a compra externa de todo o alimento A unidade de leite tamén agrava o problema medioambiental de xestión de residuos (xurros), o que obrigaría a conseguir máis terreos para a súa xestión ou instalar un sistema de depuración co conseguinte custo económicoPolo tanto, esta unidade tamén supón un inconveniente dende o punto de vista da bioseguridade e sanidade animal para o futuro centro de recría

Lugo, 25 de xullo de 2015.- A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, e o deputado de MedioRural, José Ulla, anunciaron hoxe que dende a institución provincial se está aestudar o peche da unidade de leite da Granxa Gayoso Castro.

O novo gobernoestá a analizar esta decisión ao considerar que o peche desta unidadebeneficiaría aos produtores de leite da provincia dada a situación desobreprodución láctea que se está a sufrir.

“É moinecesario evitar” que unha administración pública estea a competir de xeitodesleal na produción de leite cos gandeiros da provincia.  “Consideramos que ten que ser unha dasprimeiras decisións que debemos adoptar en defensa dos gandeiros. Non facerllescompetencia coma institución”, manifestan dende o goberno provincial, que estáa manter reunións co sector.

Non rendible

A maiores, Candia e Ulla explican que a “pésima xestión”do anterior goberno provincial deriva en que esta unidade non sexa rendibleeconomicamente. “Non se está a producir alimento nas 280 hectáreas de terreodas que dispón a unidade. A herba e outros produtos que consumen os animaisestase a mercar, o que supón un elevado custo para a administración”.

Odesaproveitamento do terreo e do persoal deriva na incapacidade de autoabastecer a unidade de leite daGranxa Gayoso Castro, que conta con arredorde 60 vacas en lactación e ten asignada unha produción de entorno aos 400.000quilos de leite anuais.

Dada estasituación, dende o goberno provincial defenden a necesidade de aproveitar osterreos para o futuro centro de recría e barallan tamén a posibilidade detransformar a unidade nun centro experimental e de formación en colaboracióncoas universidades.

Problema medioambiental

A maiores, estaunidade de leite agrava o problema medioambiental que se está a dar de xestiónde residuos (xurros), o que obrigaría a conseguir máis terreos para a súaxestión ou instalar un sistema de depuración co conseguinte custo económico.Polo tanto, a unidade supón tamén un inconveniente de bioseguridade e sanidadeanimal para o futuro centro de recría.

É dicir, ogoberno provincial considera que o peche da unidade de leite da Granxa Gayoso Castro implicaría unha axuda aosector gandeiro; a maiores de de que a unidade non está a cumprir coa súafunción de produción xa que o desaproveitamento dos terreos provocan a súabaixa rendibilidade económica; e ademais de que a unidade agrava o problemamedioambiental de xestión dos residuos e supón un inconveniente debioseguridade e sanidade animal para o futuro centro de recría.