Deputación de Lugo

A DEPUTACIÓN E A CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA MIÑO-SIL INVESTIRÁN DOUS MILLÓNS DE EUROS NA POSTA EN VALOR DE ESPAZOS FLUVIAIS DA PROVINCIA

Nunha xuntanza celebrada esta mañá no Organismo Provincial acordouseredactar un protocolo de colaboración para sacar adiante os proxectos que sedecidirán cos concellos, nunha mostra clara de “colaboración e bo entendementoentre administracións”Cada unha das institucións asumirá o 50% do investimento e prevese que no último trimestre de 2015 estean redactados os proxectos de cada actuación que se sacará adiante ao abeiro deste acordoCandia incidiu “no importante que é restablecer a colaboración entre administracións e traballar baixo os principios de cooperación, demostrando sempre que a Deputación é a casa de todos os concellos”

Lugo, 27 de xullo de 2015.- A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, xunto ao presidente daConfederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, acordaron esta mañáiniciar os trámites de redacción dun protocolo de colaboración entre os dousentes e que implicará un investimento de dous millóns de euros na posta envalor de espazos fluviais da provincia.

A presidenta daDeputación explicou que cada administración asumirá o 50% do total duninvestimento que se dirixirá a actuacións na área de referencia da ConfederaciónHidrográfica Miño-Sil, para a realización de obras tales como construcións depaseos fluviais, adecuación de sendas ou áreas recreativas, entre outras.  “Pequenas actuacións demandadas polosconcellos e que repercutirán na mellor saúde dos nosos ríos e na mellora dacalidade de vida dos nosos veciños”, asegurou Candia.

A responsable dainstitución informou de que as actuacións decidiranse en coordinación cosconcellos “aos que escoitaremos xa que non nos podemos esquecer do principio de autonomía local e daparticipación que se ten que dar entre esta institución e os municipios”, poloque, engadiu, “aproveitaremos cadadecisión para demostrar que a Deputación é unha casa de todos os concellos daprovincia de Lugo”.

En canto aosprazos establecidos, Elena Candia dixo que hoxe se deu orde de iniciar aredacción do protocolo de colaboración entre a Deputación e a ConfederaciónHidrográfica do Miño-Sil, que posteriormente se materializará na firma dunconvenio, e prevese que no último trimestre de 2015 “estean redactados cada undos proxectos que se desenvolverán nos municipios con cargo a este protocolo.Os destinatarios últimos son os municipios e empezaremos xa a recibir propostas”.

A presidenta dainstitución provincial explicou que esta é unha nova mostra da clara colaboracióne do bo entendemento entre administracións, ao tempo que quixo agradecer “a boadisposición do presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para “sacaradiante este proxecto, que lle trasladamos dende a institución”.

Candia engadiuque “a dinamización dos pequenos concellos pasa pola posta en valor do entorno edos recursos dos nosos ríos” e fixo fincapé na necesidade de promoveriniciativas dinamizadoras do turismo e de cumprir coas obrigas medioambientais.