Deputación de Lugo

A MOSTRA ARTESANFROILÁN TERÁ LUGAR ENTRE OS DÍAS 2 E 12 DE OUTUBRO COA PARTICIPACIÓN DE 21 ARTESÁNS

A presidenta da Deputación e o deputado de Turismo presentaron esta mañá a XIXedición desta mostra que se converteu nun “magnífico escaparate para apromoción e posta en valor do sector artesanal”Esta edición inclúe novidades como que por primeira vez os artesáns non pagarán unha taxa polo uso dos stands, ademais de que se integran na organización desta mostra aos representantes de diferentes colectivos de artesánsUn dos obxectivos desta edición é promover unha liña de turismo activo ao redor dos obradoiros visitables, polo que se valorarán positivamente aqueles que teñan abertas as súas instalacións para visitas guiadas

Lugo, 21 de setembro de 2015.- A presidentada Deputación, Elena Candia, e o deputado delegado de Turismo, Carlos Armesto,presentaron esta mañá a XIX edición da mostra de artesanía Artesanfroilán Destino Artesanía, que abrirá as súas portas aopúblico o próximo venres día 2 de outubro, ás 17:30 horas, e terá continuidade atao día 12. Consideran esta mostra como “un magnífico escaparate para a promocióne posta en valor do sector artesanal”.

A mostra, cuxa entrada é debalde, poderá visitarse en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 22 horas, naPraza Anxo Fernández Gómez, baixo unha estrutura temporal tipo stands, nos que exhibirán as súascoleccións 21 artesáns da provincia de Lugo cunha produción e creación propia .

Novidades da XIX edición de Artesanfroilán

O deputado responsable do Centrode Artesanía e Deseño, organizador da mostra, explicou que este edición do Artesanfroilán presenta unha serie denovidades. Por primeira vez os participantes non pagarán unha taxa polo uso dosstands.  Ata agora os artesáns debían abonar 350 eurospor expoñer a súa mostra. A maiores, estase a integrar a participación derepresentantes artesáns na organización da mostra co obxecto de crear unha “canle aberta, de participación e decomunicación permanente co sector artesanal, a través da que nos fan trasladodas súas inquedanzas e suxestións, xerando un feedback necesario entre a entidade pública e o sector privado”,explicou Armesto.

O principal obxecto desta edicióné promover unha liña de turismo activo ao redor dos obradoiros visitables, polo que á hora deseleccionar aos 21 participantes (que seelixirán entre as solicitudes recibidas segundo as bases publicadas no BOP do10 e 11 de setembro), valorarase positivamente a aqueles artesáns que teñanabertas as súas instalacións para visitas guiadas. Polo tanto, por primeira vezdesbótanse os criterios económicos como fundamento para a selección dosparticipantes.

A mostra reservase a artesáns daprovincia de Lugo e xunto aos stands dos participantes, haberá tamén outroreservado para a organización onde, ademais da cumprida información sobre osector artesanal lucense, tamén se facilitará material promocional de Artesanía de Galicia e información sobre aaplicación para dispositivos móbiles, os chamados ‘Obradoiros Abertos’. Esta aplicación permite acceder de xeitoinmediato á información sobre artesanía en calquera punto.

Compromisoda Deputación co sector artesanal

O deputado asegurou que estamostra é a evidencia do compromiso real da institución co sector ao que Armestodefiniu de “suma importancia para a nosa provincia ao incidir positivamente nasáreas de emprego, medio rural, promoción da muller e medio ambiente”. Ademais, oresponsable do Centrad considera a este sector como un “instrumento primordialna dinamización da cultura autóctona, promovendo a integración, a cohesión eautoestima da poboación e construíndo a atracción dun turismo de calidade”.

Na presentación celebrada estamañá estiveron presentes representantes da Asociación proa de Viveiro, docolectivo da Mariña Obradoiros con Alma, da Asociación de Artesáns da TerraChá, da Asociación de Artesáns Terra de Lemos, da Asociación Artellando, daAsociación Artelar e do colectivo da Cova da Moura da Montaña lucense.

Por último, a mostra Artesanfroilán Destino Artesanía, quesupón un investimento de 23.900 euros, conta este ano coa colaboración da Xuntade Galicia a través de Artesanía de Galicia e da Asociación Galega de Artesáns.