Deputación de Lugo

A Deputación súmase ás condolencias polo falecemento de Xosé Neiras Vilas

Imaxe deputación de lugo

A Deputación de Lugo súmase ás condolencias de todos os galegos e galegas polo falecemento de Xosé Neira Vilas. O Goberno Provincial trasladou á familia do escritor o seu pesar a través dun telegrama.

Xosé Neira Vilas era membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana, Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces, localidade na que residía. Recibiu a Medalla de Ouro de Galicia este ano. A entrega da distinción coincidiu coa reedición da obra fundamental do escritor, Memorias dun neno labrego.