Deputación de Lugo

A Deputación ofrece aos Concellos axuda técnica gratuíta para solicitar os obradoiros de emprego

- Aprobada a creación da comisión técnica, da que formarán parte profesionais de recoñecido prestixio no sector gandeiro, que elaborará a necesaria memoria sobre aspectos sociais, xurídicos e financeiros para o funcionamento do Centro de Recría - García Porto destacou que un dos principais obxectivos desta comisión será facer un estudo de mercado para que os custos destas instalacións públicas aforren cartos aos gandeiros pola recría, “cumprindo co fin para o que naceron” - “Fronte a xestión pública que defende este Goberno, o PP avoga por un modelo privatizador, pois pretendía facer unha concesión demanial que conleva a total desvinculación da Deputación do centro unha vez adxudicada a xestión”, desvelou

A Xunta de Goberno deste venres aprobou unha proposta para que a Deputación de Lugo preste dende a Área de Promoción Económica e Social, que é a que conta con dinamizadores laborais e axentes de desenvolvemento local, asesoramento técnico e administrativo gratuíto aos Concellos co obxectivo de que poidan concorrer aos obradoiros de emprego da Xunta de Galicia. Hoxe mesmo, o organismo provincial enviou unha comunicación aos municipios para darlles conta desta prestación (ADXÚNTASE A MESMA). O organismo provincial tamén concorrerá a esta convocatoria. O prazo remata o 30 de xaneiro.

Ben Empregado
A Xunta de Goberno resolveu a contratación de 3 desempregados lucenses que comezarán a traballar noutras 3 empresas da provincia co Ben Empregado. Son perfís que quedaron desertos e que se cobren a través do INEM. Trátanse dun cociñeiro, un peón gandeiro e un especialista en montaxe de cubertas.