Deputación de Lugo

A Deputación porá en marcha a finais de ano un plan de mellora dos catamaráns

Imaxe deputación de lugo
- Así o acordou o Goberno Provincial logo de que o Deputado de Turismo supervisase o funcionamento dos catamaráns e das rutas fluviais, e mantivese encontros con representantes dos establecementos e do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra - O Executivo Provincial aproveitará a posta a punto das embarcacións para deseñar un plan de mellora das rutas fluviais coa colaboración de colectivos e establecementos - Isto enmárcase na aposta do Presidente por potenciar o sector turístico. Tal e como Campos Conde adiantou no Parlamento, no 2016 iniciarase a elaboración dun Plan Integral de Turismo para a provincia

A Deputación porá en marcha un plan de mellora dos catamaráns a finais de ano, aproveitando a redución de reservas nas rutas fluviais con motivo da tempada de inverno e das condicións climatolóxicas. Levaranse a cabo levarán cabo tarefas de mantemento e reparación das 4 embarcacións, pois algunha delas data de 1992, como, por exemplo, traballos de mecánica e pintura.

O Goberno Provincial acordou isto logo de que o Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, visitase nas últimas semanas os embarcadoiros, supervisase o funcionamento dos catamaráns e das rutas fluviais, e mantivese encontros con representantes dos establecementos. Tamén o fixo con membros do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra a quen trasladou persoalmente a vindeira posta en marcha deste plan de mellora.

O Executivo Provincial aproveitará o transcurso da posta a punto dos catamaráns para deseñar un plan de mellora das rutas fluviais coa colaboración de colectivos e establecementos da zona. Para elo, organizará encontros para escoitar as súas necesidades e propostas.

Plan Integral de Turismo
A mellora das rutas fluviais, así como dos catamaráns, enmárcase na aposta do Presidente, Darío Campos Conde, por potenciar o sector turístico para xerar riqueza e emprego na provincia. Como adiantou no Parlamento galego durante a súa intervención sobre as liñas xerais do Presuposto para 2016, Campos Conde quere poñer en marcha un Plan Integral de Turismo na provincia. 

“É unha ambiciosa iniciativa, que desenvolveremos ao longo do mandato (2015-2019), pois queremos converter a nosa provincia nun referente turístico no país, xerando emprego e favorecendo o crecemento económico deste sector. Hoxe o turismo xa representa o 13% do produto interior bruto de Lugo. Para elo, avaliaremos os recursos dos 67 Concellos da provincia, que fan Lugo sexa única: as tres Reservas da Biosfera recoñecidas pola UNESCO, a Ribeira Sacra, pola que seguiremos traballando para o seu recoñecemento internacional, os máis de 100 quilómetros de Costa, ou os máis de 800 quilómetros de rutas de peregrinación, entre outras moitas riquezas”, dixo no Parlamento galego. 

“E farémolo en coordinación cos todos os profesionais do sector. Dende os establecementos hostaleiros, de comercio, empresas de lecer... ou cos colectivos que aglutinan a estes profesionais”, engadiu.  

No orzamento para 2016, o Presidente está disposto a achegar 500.000 euros ao inicio do Plan Integral, así como outros 2 millóns de euros a maiores para o impulso do sector turístico na provincia.