Deputación de Lugo

O Museo Provincial acolle a presentación en Lugo do libro Maruxainas e outras sereas editado pola Deputación

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou este mércores no Refectorio do Museo Provincial de Lugo, o libro Maruxaina e outras sereas, que editou o organismo provincial. O libro conta con pequenos contos escritos por Pablo Mosquera, un poema extenso composto por Paco Rivas, e máis dunha trintena de ilustracións debuxadas por Alfonso Otero Regal.