Deputación de Lugo

A Deputación aproba a adxudicación das obras do alumeado no Piornedo, dotadas de 70.000 euros

Imaxe deputación de lugo

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación das obras de alumeado no Piornedo por un total de 70.000 euros. O voceiro provincial socialista, Álvaro Santos Ramos, avanzou que estes traballos se iniciarán nas vindeiras semanas e terán un prazo de execución de 2 meses.

O organismo provincial está a desenvolver o proceso de contratación dos traballos de saneamento no Piornedo por valor de 77.300 euros. As obras de mellora dos tellados das Pallozas, que remataron, contaron cun orzamento de 100.000 euros.

O conxunto deste traballos enmárcanse nun convenio de colaboración entre Xunta  de Galicia (100.000 euros), Deputación de Lugo (160.000 euros) e Concello de Cervantes (20.000 euros).

Plan de Impulso do Campus de Lugo
Na sesión, acordou conceder un anticipo de 80.000 euros á USC para medidas do Plan de Impulso do Campus de Lugo, que ten en marcha a Deputación e a Universidades. Este orzamento son para as seguintes medidas do protocolo de actuación de ambas as dúas entidades: Plan de captación de estudantes doutras nacionalidades para as titulacións do Campus de Lugo; desenvolvemento dun plan de apoio para as practicas de campos das titulacións do Campus de Lugo; impulso da docencia semipresencial ou a distancia, mediante a implementación das novas tecnoloxías; impulso da divulgación científica e a captación de novos talentos; e análise das infraestruturas deportivas e docentes do Campus Lucense.

Volta Ciclista a España
A Xunta de Goberno aprobou os convenios cos Concellos de Viveiro e de Monforte de Lemos para colaborar na organización da quinta e sexta etapa da Volta Ciclista a España, con motivo do seu paso por estes municipios. Non conlevan presuposto algún, pois son colaboración para a organización deste evento. Por exemplo, para ceder de espazos públicos ou habilitar zonas nas que se sitúen vallas publicatarias.