Deputación de Lugo

A Deputación destina todos os medios humanos e técnicos para atender as incidencias meteorolóxicas no día de hoxe

Imaxe deputación de lugo

O Goberno da Deputación ten destinado todos os medios humanos e técnicos dos que dispón o Servizo de Vías e Obras para facer fronte aos centos de incidentes que se rexistraron durante o día de hoxe. Deste xeito, máis de 112 operarios e un cento de máquinas están a traballar dende onte á madrugada para garantir a circulación e a seguridade en estradas de titularidade provincial e municipal, activándose o protocolo de emerxencias por fenómenos meteorolóxicos adversos, por neve na montaña e por auga e vento en toda a provincia.

Foron tantas as incidencias rexistradas que, os propios Concellos destinaron tamén medios humanos co fin de acondicionar as estradas da provincia coa maior brevidade posible. Estas incidencias foron, fundamentalmente, relacionadas coas caídas de árbores que impedían circular con normalidade; así como cortes de luz producidos pola caída de ramas nos tendidos eléctricos. En concreto, destacan as seguintes:

  • Cinto Comarcal: cortado á altura de Begonte, Castro de Rei e Corgo.
  • Becerreá: cortada a estrada LU-P-0708 nos puntos quilométricos 14 e 8 á altura de Fonchave.
  • A Fonsagrada: cortadas as estradas LU-P-1901, LU-P-1903, LU-P-1905 e LU-P-1910 en varios puntos.
  • Paradela: cortadas as estradas LU-P-4203 e LU-P-4205.
  • O Saviñao: cortadas a estrada LU-P-5815 en dous puntos.
  • Antas de Ulla: cortadas as estradas LU-P-0303 no punto quilométrico 1 e a LU-P-0307, no punto quilométrico 2.
  • Castroverde: cortado o cinto comarcal e a estrada LU-P-1204
  • Ribas de Sil: cortada a estrada LU-P-5303.
  • Begonte: cortado o cinto comarcal e a estrada LU-P-0804.

As estradas afectadas pola neve son as seguintes:

  • O Courel: LU-P-1301 “de Seoane de Courel a Pedrafita”; LU-P-1303 “de Seoane por Visuña a Ferramulín”; LU-P-1304 “de Mostad por Romeor a Casares”; LU-P-4501 “de Poio, por Louzarela e Teixeira á de Samos ao Courel”.
  • Pedrafita do Cebreiro: LU-P-4504 “de Pedrafita ao Portelo”; LU-P-4503 “de San Pedro por Busnullán a Nullán”; LU-P-4505 “de Louzarela por Queixadoiro a Filloval”.

Cómpre sinalar que se produciron acumulacións de neve de entre 10 e 15 centímetros, porén o traballo dos operarios e maquinaria do Plan Invernal da Deputación permite que nestes momentos todas as estradas afectadas pola neve se atopen abertas. O Executivo Provincial manterá o dispositivo activo durante toda a fin de semana, ante as previsións meteorolóxicas adversas.