Deputación de Lugo

Preto de 450 traballadores públicos da provincia participaron no Plan de Formación da Deputación  

O Presidente entregou este luns os diplomas a algúns dos empregados que  se sumaron ás ducias de cursos que organizou a institución, ofrecendo máis de 400 horas de formación

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañado polo Deputado da Area de Goberno Interior, Miguel Sotuela Veiga, entregaron este luns, no Pazo de San Marcos, os diplomas aos traballadores públicos que participaron no Plan de Formación, que realiza o ente provincial para o 2015.

Foron 441 os empregados públicos, tanto da Deputación como de todos os concellos da provincia, os que recibiron preto de 500 horas de formación nas ducias de cursos que celebrou o organismo provincial. Algúns destes centráronse nas áreas de novas tecnoloxías e a súa implantación na administración, a formación en temas económico-orzamentarios, xurídicos e de procedemento administrativo, urbanismo, medioambiente, formación en recursos humanos, riscos laborais e transparencia e bo goberno.

Campos Conde sinalou que un dos seus obxectivos máis importantes que persigue a Deputación é promover “a asistencia técnica, o apoio e o asesoramentos aos Concellos. É fundamental formar a todos os traballadores das administracións para ofrecer o mellor servicio público aos nosos veciños” .