Deputación de Lugo

A Deputación impulsa o uso de alternativas na xestión dos residuos coas xornadas A Compostaxe: Experiencias Prácticas

A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, participou este venres, acompañada do Secretario Executivo de ADEGA, Fins Eirexas Santamaría, na inauguración das xornadas A Compostaxe: Experiencias Prácticas, coas que colabora o organismo provincial. A través destas xornadas, impúlsanse novas practicas de xestión dos residuos sólidos urbanos, como é a compostaxe, que xa é unha realidade e ducias de municipios.Sonsoles López destacou que “estamos ante un cambio de paradigma no eido da recollida e tratamento de lixo” e informou “do compromiso que ten a Deputación de Lugo co eido medioambiental" e apostou "por facer unha xestión adecuada dos refugallos”. A Deputada valorou que “impulsaremos iniciativas como esta na nosa provincia para conseguir que a de Lugo, tal e como sucede noutras rexións, se converta ao compostaxe”.