Deputación de Lugo

A Deputación súmase á concentración en memoria das vítimas en París que FEMP e Fegamp convocaron nos Concellos

A Deputación sumouse este sábado ao acto organizado polo Concello de Lugo en repulsa da masacre de París e en memoria das vítimas.
O Deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos Ramos, participou no minuto de silencio diante da Casa Consistorial lucense. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, leu un comunicado para condenar os actos terroritas e trasladar a máxima solidariedade co pobo francés.