sesión ordinaria do Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo
Este luns celebrouse unha sesión ordinaria do Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo, integrado por Deputación e Xunta de Galicia. Na reunión aprobouse a Conta Xeral do Consorcio, dando conta que se cumpre a estabilidade orzamentaria e a regra de gasto, que non existe débeda financeira, e informouse de que o período medio de pago é de 25 días.
A este Pleno asistiron o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde e o Deputado Eduardo Vidal Baamonde. E en representación da Xunta, José Manuel Rozas Bello, José González Cores e José Antonio Fernández López. E por parte dos Concellos a Alcaldesa de Sarria, e os Alcaldes de Monforte de Lemos, Chantada, Vilalba, Barreiros e o Tenente de Alcalde de Viveiro.