Deputación de Lugo

Deputación e Xunta financian ao 50% a compra dun camión de lixo que compartirán Meira e Riotorto

- Campos Conde destacou que “hoxe é un día deboa práctica das administracións: traballo conxunto para mellorar os servizospúblicos aos veciños. Dende a Deputación sempre houbo colaboración coasinstitucións e vaina seguir habendo”- “Mostra disto os GES, parques de bombeiros ou asPallozas do Piornedo; proxectos que financiamos na mesma medida ou cun maioresforzo económico que a propia administración galega, cando ten un orzamentoinfinitamente maior ao noso”- “Agardo que nun futuro próximo recibamos o mesmotrato para a nosa rede pública de residencias e centros de día, que tanto necesitanos nosos Concellos para poder atender ás necesidades dos seus veciños”- “Son Alcalde e sei o que significa ter problemaspara poder ofrecer aos teus veciños a prestación dun servizo básico eimprescindible. Eu, ao igual que non creo na fusión de Concellos, si apostopor mancomunar distintas prestacións municipais para poder ofrecer servizos decalidade aos veciños e aforrar custos”

O Presidente da Deputación,Darío Campos Conde, o Conselleiro de Presidencia, AlfonsoRueda Valenzuela, e os Alcaldesde Meira e Riotorto, Antonio de Dios Álvarez e Clemente Iglesias González, respectivamente,asinaron este luns no consistorio meirego un convenio de colaboración medianteo cal Deputación de Lugo e Xunta de Galicia asumen a compra dun camión de recollidade residuos sólidos, que compartirán os municipios de Meira e Riotorto. Fanocun total de 160.000 euros, que financian ao 50% organismo provincial einstitución autonómica.

Campos Conde subliñou que “hoxeé un día de boa práctica das administracións: traballo conxunto para melloraros servizos públicos aos veciños. Dende a Deputación de Lugo sempre houbocolaboración coas institucións e vaina seguir habendo, pois así o necesitan oscidadáns. Mostra disto son GES, os parques de bombeiros ou o arranxo dasPallozas do Piornedo; proxectos que financiamos na mesma medida ou cun maioresforzo económico que a propia administración galega, cando ten un orzamentoinfinitamente maior ao noso. Agardo que nun futuro próximo recibamos o mesmotrato para a nosa rede pública de residencias e centros de día, que tantonecesitan os nosos Concellos para atender ás necesidades dos veciños. Apreocupación das administracións deben ser os cidadáns e a súa labor mellorar asúa calidade de vida”.

Mancomunar servizos

O titular provincialengadiu que “Riotorto e Meira tiñan un vehículo en malas condicións. SonAlcalde e sei o que significa ter problemas para poder ofrecer aos teus veciñosa prestación dun servizo básico e imprescindible. Por iso, non dubidamos encolaborar na adquisición deste camión do lixo. Eu, ao igual que non creo nafusión de Concellos, si aposto por mancomunar distintas prestacións municipaispara poder ofrecer servizos de calidade aos veciños e aforrar custos”.