Deputación de Lugo

O Presidente súmase ao partido de fútbol e ás actividades con 3.500 lucenses polo Día do Veciño

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou este domingo nas actividades programadas para conmemorar a XV edición do Día do veciño, que organiza a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo

A Federación de Asociacións de Veciños de Lugo é xa o colectivo veciñal máis grande de Galicia xa que, con máis de 240 asociacións, supera a suma das que integran as federacións de veciños das restantes 6 cidades galegas. O seu número vai en incremento ano tras ano, contando con colectivos novos de toda a provincia.

A xornada do veciño comezou ás 10:00 horas no Campo de A Cheda cun partido de fútbol entre os representantes das asociacións e xornalistas da provincia, no que participaou tamén o Presidente da Deputación. Ás 10:30 inaugurase no Palacio de Feiras e Congresos unha exposición de artesanía veciñal.

Arredor dás 14:00 horas terá lugar a tradicional comida que preparan máis de 70 voluntarios das asociacións, no que se poderán comer produtos típicos como queixo, chourizo ou empanada.

Ás 16:00 horas entréganse os premios V de veciño, un dos momentos máis especiais da festa, no que se recoñece a labor de persoas que colaboran co movemento veciñal. O rematar a entrega de premios, a Red de Banda de Gaitas de Galicia, dará un concerto. Ao longo do día, tamén haberán distintas actuacións musicais de grupos folclóricos.