Xornada de observación de libélulas e conferencia micolóxica, as dúas conferencias para setembro de Terras do Miño
![Imaxe deputación de lugo](/sites/deputacionlugo.org/files/default_images/depulugo001.jpg)
A Deputación ofrece dúas conferencias para o mes de setembro, incluídas dentro das actividades do Centro de Interpretación Terras do Miño.
A primeira, que terá lugar o vindeiro sábado, 17 de setembro de 11:00 a 19:00 horas, será Xornada de observación de libélulas, a cargo dos expertos Martiño Cabana e Anxos Romeo. Os interesados en participar deberán formalizar a súa inscrición en custodiadoterritorio@gmail.com ou no teléfono 630-948-293.
Ademais, o vindeiro 22 ás 19:30 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, a conferencia Principais confusións entre especies de cogomelos comestibles e tóxicas, a cargo do expertoJulián Alonso Díaz.
Nela, darase conta, polo miúdo, das principais especies de cogomelos comestibles e as confusións máis frecuentes con especies tóxicas similares. A través desta conferencia, tentaranse ofrecer pautas para evitar erros de identificación entre cogomelos comestibles e tóxicos, así posibles intoxicacións. Máis información e inscricións en www.deputacionlugo.gal.