Deputación de Lugo

O Presidente recibe na Deputación aos 21 bloggers gastronómicos, que por 1ª vez se reúnen en Lugo

 - Campos Conde mantivo un encontro no Pazo de San Marcos cos  participantes na VI Xuntanza de Blogger Gastronómicos de Galicia - Os bloggers visitarán a Catedral; a Cociña Monacal do Museo Provincial; aproveitarán para tomar algunha tapa e comer polo casco histórico; e subirán á Muralla Romana

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, recibiu este sábado no Pazo de San Marcos aos 21 blogueiros, xunto aos seus acompañantes, que participan na VI Xuntanza de Bloggers Gastronómicos de Galicia. Este encontro de bloggers de toda a Comunidade celebrouse en pasadas anualidades en Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense, Vigo e Pontevedra. Lugo é a primeira vez que o acolle.

A Xuntanza de Bloggers Gastronómicos comezou fai 6 anos, cando un grupo de blogueiros comezaron a reunirse para compartir experiencias, receitas e degustar produtos gastronómicos. Este ano a organizadora da xuntanza é a lucense Verónica Corral, que fará de anfitrioa da visita. Durante toda a xornada os bloggers visitarán a Catedral de Santa María; a Cociña Monacal do Museo Provincial de Lugo; aproveitarán para tomar algunha tapa polo casco histórico da cidade; comerán no Restaurante Paprica; e por último subirán á Muralla Romana para facerse a foto de grupo deste ano.

Bloggers
- Verónica Corral (Lugo, www.galletashabelashailas.blogspot.com.es), no seu blog Galletas habelas hailas publica receitas de biscoitos, brownies ou cupcakes entre outros doces.
- Emilia Santiago Blanco (Pontevedra, www.cousasdemilia.com), no seu blog Cousas de Milia amosa receitas de diversos pratos, como pescados, mariscos, pastas ou carnes.
- Mª Belén Delgado Pulgar (Avilés, www.eltoquedebelen.blogspot.com.es), no seu blog El toque de Belén publica receitas caseiras de todo tipo de comidas, dende arroces ata batidos de froitas.
- Begoña Río (Gijón, www.lacocinadesamira.blogspot.com.es), no seu blog La cocina de Samira mostra receitas caseiras de todo tipo de comida, entre a que non pode faltar a asturiana.
- Carlos Díaz Herrera (Lugo, www.paseargalicia.com), co seu blog Turismo Verde Galicia amosa diferentes puntos turísticos da Comunidade Autónoma.
- Encarna Fernández (Avilés, www.elparaisodelosgolosos.blogspot.com.es), co seu blog El paraíso de los golosos presenta todo tipo de doces, dende chocolates a receitas sen glute.
- Ana (A Coruña, www.baresymaslugares.blogspot.com.es), no seu blog Bares y mas Lugares comparte as súas experiencias en restaurantes e establecementos gastronómicos.
- Viví Taboada (Pontevedra, www.ocarondalareira.blogspot.com.es), no seu blog O carón da lareira ten diferentes seccións, dende cocina galega ata receitas con thermomix
- Jose Armoso (O Grove, www.turvegal.com), na súa páxina de facebook comparte todo tipo de noticias, programacións e actividades que teñen lugar en Galicia.
- Luis Domenech (Vilagarcía de Arousa, www.labuenapitanza.com), no seu blog La buena Pitanza pódense ver recomendacións de restaurantes e establecementos gastronómicos que visita.
- María Pérez Patiño (A Coruña, www.desayunacoruna.weebly.com), no seu blog Desayuna Coruña comenta todas as actividades e eventos gastronómicos que organiza.
- Malena González Reza (Ourense, www.lasrecetasdemalena.es), no seu blog Las recetas de Malena esta Licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e formadora en materia de alimentación, hixiene alimentaria, nutrición e dietética, da consellos e explicacións sobre as propiedades dos alimentos.
-Juan Carlos Alonso (A Coruña, www.gastronomiaenverso.es), no seu blog Gastronomía en Verso podemos ver receitas caseiras e reportaxes culinarios.
- Chus Nenalinda (Barco de Valdeorras, www.siguiendoanenalinda.blogspot.com.es), no seu blog Siguiendo a Nenalinda amosa as súas receitas caseiras e de chefs de prestixio no mundo culinario.
- Marimi Garde Lucotti (Vigo, www.saboresyolores-garlutti.blogspot.com.es), no seu blog Sabores y olores comparte todas as receitas que cociña na súa casa, dende doces como torta de mazá a italianos coma pizza.
- Majes Rodríguez (Laracha, www.asomateamicocina.blogspot.com.es), no seu blog Asómate a mi cocina publica todas as receitas caseiras que cociña na súa casa.
- Teresa Vázquez Amado (Nigrán, www.elmundodemissslower.blogspot.com.es), no seu blog El mundo de Miss Flower esta psicóloga comparte as receitas caseiras que cociña nos seus ratos libres.
- José Antonio (A Coruña, www.rutasyrestaurantes.com), no seu blog Rutas y restaurantes publica as súas impresións e opinións de todos os lugares de Galicia onde come.
- Marisa Fernández (Ourense, www.cocinandoparaellos.blogspot.com.es), no seu blog Cocinando para ellos  comparte as receitas caseiras que cociña para a súa familia.
- Victoria Morales (Santiago de Compostela, www.tallerdeazucar.es), no seu blog Taller de azúcar comparte ingredientes e trucos para elaborar as súas receitas caseiras.
- Mª José Basanta (Santiago de Compostela, www.laurelycanela.blogspot.com.es), no seu blog laurel y canela ten diferentes seccións, dende receitas para nenos a comida para alérxicos e intolerantes aos doces.
- Mar Rodríguez (Lugo, www.marentrefogones.blogspot.com.es), no seu blog Mar entre fogones comparte receitas culinarias da súa familia, amigos e súas propias.
- Fátima Galbán (Lugo, www.dulceriodelbueno.com), na súa tenda online vende utensilios de cociña e comparte receitas caseiras.
- Frenchy Oubiña (Santiago de Compostela, www.galiciamola.es), no seu blog Galicia Mola aparecen opinións de usuarios sobre restaurantes, lugares ou hoteis.