A XIX Feira da Tenreira Galega remata con éxito, tras poñerse á venda máis de 1.500 quilos de carne na fin de semana
A XIX edición da Feira Degustación da Tenreira Galega, celebrada no Campo da Feira da Pobra de San Xiao, no Concello de Láncara, rematou este domingo con éxito. Durante a celebración degustáronse máis de 1.500 quilos de tenreira galega. O Goberno da Deputación é a única administración, xunto co Concello, que colabora co municipio lancarés na celebración desta cita gastronómica a través do Plan Único, do que o municipio decidiu destinar 3.000 euros. Ademais o organismo provincial, doa unha tenreira a través da Granxa Gayoso Castro para sortear entre os asistentes e sufraga parte da actuación do grupo Xílgaros de Lugo co Musiqueando.