Deputación de Lugo

O gañador do sorteo da campaña Súbete á moto de Comercio Galicia recibe o seu premio

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, a Alcadesa de Lugo, Lara Méndez López, e o Presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas López, participaron este venres na entrega do premio do sorteo da campaña "Este Nadal, súbete á moto de ComercioGalicia" que tivo lugar na Praza Maior, e coa que colabora o organismo provincial.O gañador deste sorteo foi José Alberto Lamas, que recibiu unha moto. Ademais, a tenda de Tobarix conseguiu un recoñecemento como comercio destacado nas vendas durante a campaña de Nadal.