O Goberno da Deputación promociona o segundo libro de Sonia Arias Campos de Batalla

A Deputada de Promoción Social, Sonsolez López Izquierdo, e Sonia Arias, presentaron este mércores no Pazo de San Marcos Campos de batalla, o segundo libro desta autora de Paradela.
Trátase do segundo libro desta veciña de Paradela e do que ela destaca que é un libro feito cunha maior seguridade en min mesma e madurez que no caso do primeiro aínda que unha vez máis emprego a prosa poética xa que permíteme escribir dunha forma máis natural pero sen perder a capacidade de transmitir sentimentos.
López Izquierdo destacou o orgullo que é para Paradela e a Provincia de Lugo ter entre nós unha creadora que pouco a pouco vai labrándose un pequeno oco no basto mundo da literatura grazas á súa forma sincera e clara de transmitir
Arias quixo tamén agradecer á Deputación que grazas á oportunidade que a Deputación me deu puido saír adiante o primeiro libro que se converteu nunha experiencia inesquecible
Campos de Batalla
Trátase do segundo libro da autora de Paradela que tras publica a editorial barcelonesa de novos autores Angels Fortune. Esta obra reúne varios relatos e poemas nos que a autora busca innovar e nel pódese apreciar unha maior seguridade e madurez tras o éxito da súa primeira obra, o que lle deu a oportunidade de facer un ano despois unha segunda publicación.