A Praza da Soidade énchese para gozar do mellor blues

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, asistiu ao primeiro dos concertos do II Festival de Blues ou Blues Museum, organizado o Goberno da Deputación, coa colaboración do Concello de Lugo. Este sábado haberá máis concertos, de xeito totalmente gratuítos, na praza da Soidade da capital lucense. O sábado 21 de xullo, ás 12:00 horas, haberá unha masterclass impartida polo mellor guitarrista europeo do ano Laurence Jones, nos xardíns do Museo Provincial de Lugo. Hai 50 prazas. Os interesados poden inscribirse en cultura@deputacionlugo.org.