Cultura

Veciños, Concello do Valadouro e Deputación celebran hoxe o Festival de Música Arcadio Mon

Imaxe deputación de lugo
- Trátase da cita en homenaxe ao recoñecido músico e compositor da Mariña, que dende hai tres anos ten lugar de xeito rotatorio nos municipios do Valadouro e Alfoz- Ditos Concellos implícanse cos veciños na organización do festival, que sempre conta co principal patrocinio do Goberno da Deputación, pois achega 2.000 euros- O voceiro do Goberno da Deputación, os Alcaldes do Valadouro e Alfoz e centos de veciños asistirán ao festival. Arrancará ás 20:30 horas na Praza de Santa María de Ferreira do Valadouro. Coincide coas Festas do Oito- Actuarán artistas como Toni Cazás, Marga Guitérrez, Pila, Chingla, Joe Carey e José Anido. Terá lugar o terceiro certame para novos talentos musicais, no que participarán rapaces menores de 20 anos cantando e tocando algún instrumento musical

Veciños, Concello do Valadouro e Deputación celebran hoxe a III edición do Festival Músico-Vocal Arcadio Mon. Arrancará ás 20:30 horas, na Praza de Santa María de Ferreira do Valadouro. Actuarán artistas como Toni Cazás, Marga Guitérrez, Pila, Chingla, Joe Carey e José Anido. Terá lugar o terceiro certame para novos talentos musicais, no que participarán rapaces menores de 20 anos, cantando e tocando algún instrumento musical.

Representantes do Seminario de Estudos do Valadouro encargáronse este ano da organización do festival coa axuda do Concello do Valadouro e co principal patrocinio do Goberno da Deputación, pois achega 2.000 euros.

O Festival Músico-Vocal Arcadio Mon celébrase dende hai tres anos de xeito rotatorio en Alfoz e Valadouro. Faise en homenaxe a dito músico e compositor de grande prestixio na provincia, especialmente na Mariña, que naceu en Bacoi (Alfoz). Entre outras cuestións, foi o fundador e director da Escola de Música e da Banda de Foz.

O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, os Alcaldes do Valadouro, Edmundo Maseda, e Alfoz, Jorge Val Díaz, e centos de veciños asistirán esta noite ao festival, que coincide coa celebración das Festas do Oito de Ferreira do Valadouro.