Profesionais de máis de 25 países participarán no Torneo Feminino de Golf de Auga Santas co
O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde; o Presidente da Federación Galega de Golf, Daniel Fernández Fernández; o Director Xeral de OCA Hotels; Ramón Braña Cobas; e o Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Jose Manuel Balseiro, presentaron este xoves no Pazo de San Marcos o VI torneo LETAS Ribeira Sacra Patrimonio de la Humanidade Internacional Ladies Open. O Goberno da Deputación destina 12.000 euros á celebración deste proba deportiva que reunirá, entre os días 4 e 6 de xullo no campo de golf de Auga Santas, a máis de 130 golfistas profesionais. Trátase do único torneo do Circuíto Europeo Feminino que ten lugar en España. A entrada ás 3 xornadas de competición é totalmente gratuíta.
Vidal Baamonde destacou que dende o Executivo Provincial colaboramos con esta cita deportiva porque consideramos este torneo unha oportunidade para impulsar o turismo e a economía desta zona da provincia, dentro da nosa aposta porque a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Estamos falando dun evento de dimensión internacional, pois participan xogadoras de máis de 25 países dos 5 continentes do mundo, xerando un volume de negocio de máis de 300.000 euros durante toda a semana. Sen dúbida, este torneo de golf é unha gran oportunidade para amosar ao mundo o patrimonio natural, paisaxístico e a gastronomía coa que contamos no entorno da Ribeira Sacra.
Pola súa parte, o Presidente da Federación Galega agradeceu á Deputación a implicación para que este torneo se poida celebrar e subliñou que o golf é un deporte fundamental para o turismo pois xera en toda España máis de 2.000 millóns de euros.
Único torneo en España do circuíto Feminino Europeo
Trátase da VI edición do torneo Ribeira Sacra Patrimonio de la Humanidade Internacional Ladies Open e a oitava parada do circuíto mundial LETAS (Let Acces Series) de golf. Conta con máis de 16 torneos en varios países europeos e que da acceso ao circuíto LET (Ladies Europena Tour), un torneo de primeiro nivel no golf feminino. O torneo de Auga Santas está considerado polas propias profesionais como a mellor proba celebrada en España. Ademais da propia competición, haberá unha ampla programación de actividades complementarias como un vistoso desfile inaugural no Concello de Monforte de Lemos ou a celebración dun torneo Pro-Am por equipos, no cal cada profesional formará equipo con 3 xogadores amateurs.
A provincia de Lugo conta na actualidade con 5 campos de golf: Club de Golf Auga Santas, en Pantón; Club de Golf Balneario, en Guitiriz; Club de Golf de Lugo, Club de Golf Río Cabe, en Monforte de Lemos; e o Club de Golf El Pilar, de Sarria.