14 bandas e grupos actuarán na segunda semana de agosto, grazas ao programa Musiqueando da Deputación

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, adiantou a axenda do programa Musiqueando da segunda semana de agosto, unha proposta coa que o Executivo Provincial promociona a música popular e o talento da provincia.
García Porto avanzou que dende o Goberno da Deputación buscamos promover a música popular e tradicional galega. Con este proxecto, estamos a dinamizar a economía da provincia ao ser todos os grupos residentes de Lugo. Por iso convido a todos os veciños e visitantes a achegarse a desfrutar do talento das bandas lucenses.
Nesta segunda semana de agosto as actuacións que realizan os grupos e bandas que participan no Musiqueando por toda a provincia son as seguintes;
Luns, 6 de agosto
-Palas de Rei, Festas Patronais Santo Xusto, actuación da Banda de Vilalba
Xoves, 9 de agosto
-Foz, Festas Patronais, coa banda de música Dambara
Venres, 10 de agosto
-Cervantes, Xuntanza veciñal Piornedo de Ancares será amenizada coa actuación de Abrente
-Monterroso, Romaría do Río Cacabelos, Banda de Vilalba
-O Incio, Festas Patronais Eirexalba, Música Tradicional a cargo de Érbedo
Sábado, 11 de agosto
-Begonte, Festival 27373 actuación de música tradicional de A.C. Río Miño
-Sober, Feira da Rosca, música tradicional con Os Valuros
-Pantón, Festas patronais S. Román de Acedre con música da Banda de Sober
-Rábade, Festas Patronais coa música da Banda O Landro
-O Corgo, Festas patronais Santo André, actuación de música tradicional de Reviravolta
-Láncara, Festa da Malla, coa música tradicional de Os Parentes
-Monterroso, Festas Patronais Buxergos coa música da Banda de Guntín.
-Lugo, Festas Patronais Conturiz, actuación de música tradicional de Fiadeira
-Quiroga, Festas Patronais, coa música da Banda de Chantada
Domingo, 12 de agosto
-Samos, Feira Productos Artesáns, coa música tradicional de Folquiada