Deputación de Lugo

60 rapaces participan na Festa de Emprendedores, que organizan Deputación, Concello e Empresarias da provincia

- O Presidente, a Alcaldesa, e a Presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias, mantiveron un encontro cos nenos participantes na Feira de Nen@s Emprendedores
- Trátase da iniciativa na que participan nenos de 6 a 12 anos, con 24 mini-empresas, nas que porán á venda distintos produtos e pezas elaborados por eles mesmos
- Os fondos recadados serán destinados a Raiolas, Down Lugo, Protectora de animais e Parálise Cerebral. Para rematar a xornada, o Mago Antón realizou unha actuación de maxia, no Salón de Actos da Deputación, para todos os participantes desta cita

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López; e á Presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias, Beatriz Varela Regueira; participaron na I Festa de Nenos e Nenas Emprendedores que tivo lugar este venres nos pasillos do Pazo de San Marcos. Deputación, Concello de Lugo e Mulleres Empresarias promoven esta iniciativa para fomentar entre os máis novos valores como o espírito emprendedor, traballo en equipo, talento, creatividade ou a solidariedade.

Na Festa de Nenos e Nenas Emprendedores, participan 60 nenos de entre 6 e 12 anos, con 24 mini-empresas, nas que poñen á venda diferentes produtos e pezas elaborados ou preparados por eles mesmos, por exemplo, doces ou pulseiras, cuxos fondos recadados serán destinados aos colectivos de Raiolas, Down Lugo, Protectora de animais e Parálise Cerebral. Para clausurar a xornada, o Mago Antón, realizou unha actuación de maxia para os nenos, no Salón de Actos da Deputación.

O Concello participa cun stand
A colaboración municipal consiste, por un lado, na cesión de aulas no Espazo Lab, no CEI Nodus, nas que os  nenos e nenas elaboraron xa este pasado fin de semana os seus produtos, e, por outro, na colocación dun stand na feira na que os participantes realizaron produtos relacionados coa Unión Europea e verán as vantaxes de intercambiar bens con outros países. Esta colaboración enmárcase na programación que o Concello organiza a través do centro de información europea Europe Direct-Lugo co gallo do Día de Europa, que se celebra o 9 de maio, e que incluirá diversas actividades infantís, ademais un concurso de fotografía, lectura dun manifesto, a interpretación do himno de Europa e o izado da bandeira.

24 mini -empresas participantes
1.         1000 e 1 GOMITAS: xoería.
2.         SWEET MARTINA: doces.
3.         EL JARDIN DE LA ILUSION: minicaptus pintados e bolsitas de flores secas.
4.         DULCES DE ORO: galletas e roscón.
5.         LAS CHOCO BROCHETAS: brochetas de froita con chocolate.
6.         AS MIÑAS COUSIÑAS: bolos preñados de chourizo e mini chourizos.
7.         MANUALIDADES.COM: manualidades
8.         RECICLING: reciclaxe. ASOCIACIÓN RAIOLAS.
9.         CESPIN CABEZA: muñecos de cabeza de céspede.
10.       FOTOSPLASH: fotografía e tirada de bolos.
11.       HELLO CUP: tazas pintadas
12.       LA ROSQUITIENDA: rosquillas.
13.       A y A ARTESANIA: artesanía.
14.       CASETA DULCE": galletas e chuches.
15.       N Z: bisutería.
16.       JUICE EXPRESS: zumos naturais ecolóxicos.
17.       USA: portavasos, merendas, fundas e llaveros.
18.       LOS MINIRODRIGUEZ: marca páxinas e segunda mano.
19.       DELICIAS GALLEGAS: postres, filloas, orellas e rosquillas.
20.       LUCKY  NUT: noces pintadas.
21.       LA IDEA: petos.
22.       DOCES VENTURA: repostería.
23.       A TENDIÑA DO CORGO: limonada, naranxada e bocatas.
24.       AS CATRO MANS: varitas, garbanzos, medusas de plástico e espadas.