Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación tingue de azul a fachada de San Marcos para promover a visibilidade do Síndrome de Down

Imaxe deputación de lugo
O Executivo Provincial súmase aos actos deste martes con motivo da celebración do Día Mundial do Síndrome de Down

O Goberno da Deputación tingue este martes de azul a fachada do Pazo de San Marcos para promover a visibilidade do Síndrome de Down. O Executivo Provincial súmase deste xeito aos actos organizados por Down Lugo con motivo do Día Mundial do Síndrome de Down, que se celebra o 21 de marzo.

A fachada do Pazo de San Marcos iluminarase de cor azul, simbolizando a sensibilidade da institución provincial coas persoas e as familias afectadas por esta doenza. O Goberno da Deputación colabora coa Asociación Síndrome de Down Lugo, cunha achega económica de 12.000 euros, para un plan de autonomía persoal co obxectivo de que os pacientes teñan unha vida fora dos fogares máis independente.

Down Lugo
A Asociación Síndrome de Down de Lugo é unha entidade sen ánimo de lucro con ámbito de actuación na provincia de Lugo, que integra a persoas con Síndrome de Down e ás súas familias. O obxectivo principal da asociación é a promoción e realización das actividades que contribúan á mellora da calidade de vida das persoas con Síndrome de Down, a través da súa plena integración social. A Asociación foi creada no ano 1.996 por iniciativa dun grupo de pais de persoas con Síndrome de Down, comprometidos coa procura de solucións aos problemas particulares que leva esta discapacidade.