Deputación de Lugo

O Campionato Galego de Piragüismo reúne a máis dun milleiro de persoas en Taboada, co patrocinio principal da Deputación

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, participaron na entrega de premios do Campionato Galego de Piragüismo, que se celebrou este sábado no encoro de Belesar, ao seu paso pola localidade de Taboada, e que contou co patrocinio principal da Deputación. O organismo provincial achegou 9.000 euros para a celebración desta proba deportiva, que reuniu a máis dun milleiro de persoas entre participantes e espectadores, potenciando, deste xeito, a economía e o turismo na zona, ademais de promover o deporte como estilo de vida saudable entre os lucenses.