Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación ofrece formación e emprego a 45 mozos no paro con outros 3 cursos do LUGOWORK

- É o 1º plan de emprego xuvenil participativo da provincia, que puxo en marcha o Executivo tras captar preto de 2 millóns de euros da Unión Europea a través da EOI
- Son cursos de auxiliar de vendas online; mantemento de aeronaves e  emprendemento. Os interesados poden facer a súa inscrición ata o 15 de xuño, incluído, en www.deputacionlugo.gal ou www.eoi.es
- O Goberno da Deputación xa ofrece, na actualidade, 6 accións formativas nas que participan 91lucenses que estaban no paro. Son cursos de auxiliar de xestión informática e internet para PEMES; aplicacións e manexo de Drons; cociña e restauración e socorrismo

O Goberno da Deputación ofrece 3 novas accións formativas para 45 lucenses menores de 30 anos no paro, que inclúe o LUGOWORK. É o 1º plan de emprego xuvenil participativo da provincia, que puxo en marcha o Executivo Provincial,  cun total de 2 millóns de euros que captou da Unión Europea a través da EOI. Con este plan aténdese tanto a formación dos rapaces como as axudas ás empresas para a súa contratación.

Tras unha primeira fase de formación, os participantes terán a posibilidade de ser contratados en empresas da provincia durante 6 meses. Pra iso, o Goberno da Deputación abrirá unha convocatoria pública, dirixida ás empresas lucenses, ofrecéndolles axudas de 4.200 euros para a contratación dos mozos que conclúan con éxito esta formación. Despois da consulta ás propias empresas, os traballadores saen cun perfil formativo que tenta cubrir as necesidades demandadas polos empresarios da provincia.

Os interesados en participar nestes 3 cursos, deberán estar inscritos no Rexistro de Garantía Xuvenil. Poden facer a súa solicitude ata o 15 de xuño, incluído, en www.deputacionlugo.gal ou en www.eoi.es.

Os novos cursos son:
1.- Curso de auxiliar de ventas online e offline e atención ao público. Nesta acción formativa, que conta con 15 prazas, os alumnos recibirán contidos dirixidos a habilidades sociais e de comunicación, ofimática e técnicas administrativas básicas e coñecementos sobre ventas online e offline.
2.- Mantemento de aeronaves. Neste curso de familiarización co mantemento de aeronaves, mediante formación teórico-práctica impartida por profesionais do aeroclub de rozas, os 15 alumnos, coñecerán as distintas áreas de mantemento de aeronaves, imprescindibles, para iniciar a súa carreira profesional. O Executivo Provincial ofrece esta acción formativa, debido á demanda e evolución do sector aeronáutico.
3.- Curso de Emprendemento. Está dirixido a 15 mozos que teñan unha idea de negocio e queiran montar unha empresa. Deste xeito, os participantes terán un titor asignado que os asesorará en aspectos coma os modelos de negocio, ou estratexias de vendas, entre outros. Esta liña do LUGOWORK inclúe formación e axudas de 3.000 euros para que os participantes poñan en marcha os seus propios establecementos, favorecendo o emprendemento.

Outros 91 mozos en 6 cursos
Na actualidade, xa están en marcha 6 accións formativas, nas que participan outros 91 mozos: Os cursos son:

1.- Auxiliar de Xestión Informática e Internet para PEMES, no que participan 15 lucenses. É impartido por AGESTIC na cidade de Lugo. O Goberno da Deputación decidiu reeditar este curso xa que, tanto os alumnos como o propio mercado, amosaron un grande interese en ofrecer formación en novas tecnoloxías para poder aplicar, nas empresas lucenses, ferramentas informáticas coas que crear valor engadido.

2.- Aplicacións e Manexo de Sistemas Aéreos non Tripulados – Drons. Hai 2 cursos sobre Drons debido a gran demanda. Nestes participan 34 lucenses. Son impartidos en Lugo por profesionais do aeroclub de rozas. Con esta acción formativa, o organismo provincial cubre a necesidade de formación nun dos nichos de mercado en expansión con máis posibilidades de crecemento.

3.- Socorrismo en instalacións acuáticas. Esta acción formativa é impartida pola Cruz Vermella e ten lugar nas instalacións desta organización na capital lucense e no Club Fluvial de Lugo. Con este curso, os 15 participantes adquirirán unha axeitada preparación física e técnica no medio acuático para poder traballar como socorristas en piscinas.  

4.- Socorrismo en espazos acuáticos naturais.  Esta acción formativa tamén a imparte a Cruz Vermella e ten lugar nas súas instalacións na capital luguesa e na do Club Fluvial. Con este curso, outros 15 rapaces adquirirán unha adecuada preparación física e técnica para poder traballar como socorristas en praias ou ríos. Coñecerán, por exemplo, as técnicas de salvamento, reanimación e prestación de primeiros auxilios ás vítimas de accidentes ata a chegada dos profesionais sanitarios. Campos Conde coñeceu hoxe aos participantes neste curso.

5.- Curso de cociña e servizo de restauración. Esta acción formativa é impartida por profesionais da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo. Con este curso, os 12 participantes desenvolverán todo tipo de servizos relacionados co ámbito alimenticio e a restauración. Ademais de recibir un curso básico de inglés para poder desenvolverse no seu traballo con clientes internacionais.