Máis de 700 persoas poderán participar nas actividades medioambientais gratuítas da Deputación
- Trátase da programación de actividades do terceiro trimestre do Centro de Interpretación Terras do Miño, deseñadas para todas as idades
- Limpeza do río Miño en padle surf; cursos de reciclaxe; obradoiros de xardíns ecolóxicos verticais usando materias reciclado; ou xincanas son só algunha das actividades que se ofrecerán durante os vindeiros meses
- Máis información e inscricións en www.deputacionlugo.gal e no teléfono 982 22 78 12
O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presentou este luns a nova programación de actividades medioambientais e gratuítas que ofrece o Goberno da Deputación e nas que poderán participar máis de 700 persoas de todas as idades. Trátase das novas actividades do terceiro trimestre dos centros de Interpretación Terras do Miño e Casa das Insuas, así como dos Ancares Lucenses. Os interesados en participar poden inscribirse en www.deputacionlugo.gal. Máis información en 982 22 78 12.
Fernández Queipo remarcou que a través desta nova programación buscamos fomentar entre a cidadanía valores relacionados coa conservación e mantemento do medio ambiente, ao mesmo tempo que damos a coñecer o entorno natural que nos rodea, co fin de aprender a respectalo e coidalo. Neste senso, o Deputado explicou que o Goberno continuará ofrecendo este tipo de actividades pois cada ano son máis os lucenses que participan neste tipo de actividades, o que nos anima a seguir ofrecendo máis e mellores programacións.
Como novidade avanzou dous obradoiros que se van a realizar no mes de setembro; Obradoiro de xardíns ecolóxicos verticais usando materias reciclado, e o Obradoiro de horta en terraza ou balcón con materiais reciclados, ademais son actividades nas que poden participar toda a familia.
Programación de actividades
O Goberno da Deputación decidiu ofrecer un total de 30 actividades nas que poderán participar máis de 700 persoas de todas as idades. A programación é a seguinte:
Centro de Interpretación Terras do Miño
Xullo
1 e 2 de Xullo.- Conéctate coa natureza, actividade infantil e para adultos,nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 56 prazas.
3 e 4 de xullo.- Obradoiro de arxila, actividade infantil,nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 30 prazas.
5 e 6 de xullo.- Reciclando a natureza: manualidades, actividade infantil, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.
8 de xullo.- Charla sobre a Propagación de plantas medicinais e aromáticas en produción ecolóxica. Banco de sementes e test de xerminación, actividade para adultos, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.
1O, 11, 12 e 13 de xullo.- Xornada sobre a fauna fluvial do Río Rato, unha actividade infantil, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 80 prazas.
Setembro
9 de setembro.- Xincana na natureza, actividade infantil, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.
16 de setembro.- Obradoiro de xardíns ecolóxicos verticais usando materiais reciclados, actividade familiar, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.
21 de setembro.- Conferencia Cogomelos da nosa contorna: as boletáceas, actividade para adultos, nun horario de 19:30 a 21:00 horas. Hai un total de 40 prazas.
23 de setembro.- Modulo III: A migración das aves, actividade familiar, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.
30 de setembro.- Obradoiro de horta en terraza ou balcón con materiais reciclados, actividade familiar, nun horario de 10:00 a 14:00 horas. Hai un total de 20 prazas.
Actividades da Casa das Insuas (Rábade)
Estas actividades están abertas ata completar aforo de 20 persoas.
Xullo
1 de xullo.- Saída ao campo para observación de anfibios e réptiles, nun horario dende ás 11:00 a 19:00 horas.
8 de xullo.- Introdución ao radioseguimento científico de fauna, nun horario dende ás 11:00 a 18:00 horas.
22 de xullo.- Saída ao campo para a observación de abellóns e outros polinizadores, nun horario dende ás 11:00 a 19:00 horas.
Agosto
12 de agosto.- Saída ao campo para a observación de libélulas, nun horario dende ás 11:00 a 19:00 horas .
19 de agosto.- Limpeza do leito do río Miño en padle surf, nun horario dende ás 11:00 a 19:00 horas.
Setembro
9 de setembro.- Ferramentas cartográficas dixitais para naturalistas, nun horario dende ás 10:00 a 14:00 horas.
16 e 17 de setembro.- Xornada de reboco de barro, nun horario dende ás 10:00 a 18:00 horas.
23 de setembro.- Restauración da Lagoa do Rei, nun horario dende ás 10:00 a 14:00 horas.
30 de setembro.- Saída ao campo para a observación de morcegos, nun horario dende ás 10:00 a 14:00 horas.
Becerreá, Navia de Suarna e Cervantes
Navia de Suarna, acollerá varias actividades que se impartirán na Escola de Barcia:
11 de agosto.- Conservación de alimentos, nun horario de 16:00 a 14:00 horas.
Dende o 21 ata 26 de agosto.- O verán chegou a Navia, nun horario de 10:00 a 14:00 horas.
Becerreá, realizará dúas actividades que se impartirán no centro de Servizos Sociais:
4 de setembro .- Xogos para descubrir a natureza, nun horario de 10:00 a 14:00 horas.
13 de setembro.- As plantas medicinais e o seu uso en Galicia, nun horario de 17:00 a 20:00 horas.
Cervantes, desfrutará de dúas actividades en distintas sedes:
12 de setembro.-Curso de cosmética natural, que se impartirá no local de servizos sociais, nun horario de 16:30 a 20:30 horas.
22 de setembro.- O meu herbario, que se celebrará no CEIP da localidade, nun horario de 16:30 a 20:30 horas.