Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación promociona o Queixo do Cebreiro

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, asistiu este venres a XXXI Edición da Feira do Queixo do Cebreiro, declarada de Interese Turístico Galego e coa que colabora o organismo provincial. Vidal Baamonde remarcou a importancia de promocionar este tipo de eventos na Montaña Luguesa, xa que contribúen a dinamizar toda a Comarca. O Deputado avanzou que os produtos da Montaña son un referente da nosa gastronomía. “ Este queixo está elaborado con materia prima de primeira calidade, con leite de vacún que conta coa Denominación de Orixe Protexida, sen conservantes, nin engadidos. Por iso, o éxito desta cita está garantida”. Nesta edición, a pregoeira foi Inés López Fernández, médico de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e colaboradora docente da USC.