Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación mellorou con 76.000 eurosa vía que une o polígono do Cádavo coa LU-530

- O Deputado de Xestión Territorial comprobou este martes o resultado das melloras desta vía que discorre por 5 núcleos rurais de 2 parroquias
- Martínez Núñez subliñou que “se beneficiarán os 400 veciños da zona, así como a ducia de cidadáns que empregan a vía para ir ao polígono do Cádavo, ou para desprazarse dende Baleira á Fonsagrada e Castroverde”
- Foron actuacións nun treito de 1,2 quilómetros nos que se mellorou o firme con aglomerado en quente, acondicionáronse as marxe da estrada e incrementouse a sinalización horizontal e vertical

O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez Núñez, supervisou este martes o resultado dos traballos de rehabilitación da LU-P-0403, que une o polígono do Cádavo coa localidade de Baleira ata Quintá, discorrendo por 5 núcleos rurais e ata conectar coa LU-530, que é a vía que une este municipio con Castroverde e A Fonsagrada. O Goberno Provincial financiou esta obras con 76.000.

As actuacións leváronse a cabo nun treito de 1,2 quilómetros, comprendidos entre os puntos quilométricos 4,560 e 5,800, nos que se mellorou o firme con aglomerado en quente, acondicionáronse as marxe da estrada e incrementouse a sinalización horizontal e vertical. Trátanse de Valdería, na parroquia de San Pedro da Esperala; e Rego de Pereida, Pousada, Airexe e Queirogal, na de San Lourenzo de Pousada.

Martínez Núñez subliñou que “con estas actuacións, dende o Goberno Provincial beneficiamos de xeito directo aos preto de 400 veciños que viven en ditas parroquias, así como a ducia de cidadáns que a empregan a diario para ir ao polígono do Cádavo, ou para desprazarse dende Baleira aos Concellos da Fonsagrada e Castroverde”.
    
Plan integral de mellora de estradas
Estas traballos en estradas, inclúense dentro do Plan Integral de mellora de estradas provinciais que o Goberno Provincial dotou con 6 millóns de euros e co que se acondicionaron máis de 120 quilómetros de melloras en estradas de 26 Concellos: Xermade, Vilalba, A Pontenova, Pol, As Nogais, Sober, Becerreá, A Pobra do Brollón, Monforte de Lemos, Lugo, Pantón, Lourenzá, Baleira, Abadín, Friol, Lugo, Pol, Ribas de Sil, A Pastoriza, Antas de Ulla, Samos, O Incio, Muras, Castroverde, Baralla e Ourol.