Deputación de Lugo

Mañá comeza o curso de verán O Rural Agroecolóxico co que colabora o Goberno da Deputación

Imaxe deputación de lugo
- Trátase da actividade que terá lugar mañá no Museo Pazo de Tor, incluída na programación dos cursos de verán que ofrece o Executivo Provincial en colaboración co Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela
- O Rural Agroecolóxico é un obradoiro que busca afondar nas razóns do abandono da actividade agrogandeira do país durante as ultimas décadas e as súas consecuencias
- Durante a xornada, haberá conferencias e actividades dirixidas a fomentar o coñecemento sobre a técnicas agroecolóxicas que respecten o medio ambiente

Mañá comeza o curso de verán O Rural Agroecolóxico, unha iniciativa que terá lugar no Museo Pazo de Tor, en Monforte de Lemos. Trátase dunha actividade incluída na programación dos cursos de verán que ofrece o Goberno da Deputación en colaboración co Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela. É totalmente gratuíta e non é preciso inscribirse previamente.

O Rural Agroecolóxico é un obradoiro que busca afondar nas razóns do abandono da actividade agrogandeira do país durante as ultimas décadas, o que está a producir consecuencias a nivel económico, social, ambiental e cultural, tan característico dos fenómenos da “desruralización”. Como resposta a isto, ofrecese esta nova actividade que busca estudar as oportunidades de futuro da agricultura e gandería ecolóxicas, que xa están en proceso de expansión. 

Programación
Durante a xornada, haberá conferencias e obradoiros dirixidos a fomentar entre os participantes o coñecemento sobre a técnicas agroecolóxicas que respecten o medio ambiente. A programación deste curso é a seguinte:

09:30 horas: Crise na xestión da auga. Aplicación á conca do río Colorado, a cargo de Raymundo Rangel, do programa de doutoramento de Ciencias Agrícolas e Medioambientais.
09:50 horas: O pasado agrogandeiro no Val do Lemos, a cargo de Juan Ignacio Márquez Barros. Pazo de Tor
10:45 horas: Presentación finca Pazo de Tor, a cargo de Luís Fernández Reija.
11:15 horas: Ordenación territorial en espazos agrarios, a cargo de Valerià Paül Carril. Doutor en Xeografía da Area de Xeografía Humana da USC
12:30 horas: Desenvolvemento de espazos agrarios, a cargo Josep Montasell i Dorda
Enxeñeiro do Territorio da Deputación de Barcelona.  
16:30 horas: Bioconstrución. Estruturas triangulares e xeodésicas, a cargo do arquitecto Víctor González García Echave.
17:30 horas: Parques agrarios: oportunidade da agroecoloxía, a cargo de Josep Montasell i Dorda, Enxeñeiro do Territorio da Deputación de Barcelona
18:30 horas: Integración da gandería no predio agrario, a cargo de Ernesto Sánchez Salgado. Responsable de Producións Ecolóxicas.
19:15 horas: Agroecoloxía e desruralización, a cargo de Xan Neira Seijo. Instituto Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural-USC.