Deputación de Lugo

A TIC esgota as 877 prazas dos 64 cursos gratuítos de novas tecnoloxías para maiores

A nova tempada xa arrancou esta semana, nas que se inscribiron 1.788 persoas. Destacan os obradoiros de móbil, Internet e memoria, e os 27 destinados ao reforzamento de coñecementos para os que tamén é necesario inscribirse

A Fundación TIC da Deputación esgotou as 877 prazas que ofertou para cursos e obradoiros gratuítos a través do InLugo, da programación do 3º trimestre de 2017. Esta mesma semana presentouse o programa de actividades de novas tecnoloxías destinadas aos lucenses de máis de 55 anos, nas que se inscribiron 1.788 persoas. Os cursos xa arrancaron este mércores, e xa participaron nos mesmos 41 persoas durante a primeira semana.

Máis cursos onde hai máis demanda
Os obradoiros que se imparten son serán de diversa duración. 37 serán de dous ou tres días, mentres que os outros 27 terán unha duración dun día. Estes últimos, que se impartirán os luns pola mañá e pola tarde e os venres pola mañá, están especialmente dedicados ao reforzamento de coñecementos, e necesitarán inscrición previa para cabida a todos os demandantes e poder distribuímos nos correspondentes días.

Como novidade, este ano a programación aumentou o número de aqueles cursos con máis demanda, os do uso do móbil e de Internet. Pasarase de dúas a tres edicións, tanto do primeiro nivel como do segundo. Ademais hai obradoiros destinados á mellora da memoria e das habilidades cognitivas e psicomotrices, como os de Xbox ou Wii, que fomentan este tipo de exercicios mentais. Tamén haberá 8 obradoiros de memoria. Ademais, dentro da programación os maiores da provincia poderán elixir entre talleres de redes sociais, correo electrónico ou uso de whatsapp, entre outros.